Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

BASES da convocatoria para a provisión dunha praza de operario no Concello de Sarria.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión fixa en réxime laboral, e polo sistema de concurso, dunha praza de operario, incluída na oferta de emprego público para o ano 1997.

Segunda.-Características da praza.

O cometido funcional da praza é o exercicio propio dela, de acordo coa titulación esixida e concreta

mente aquelas como conservación, reparación e mantemento das dependencias municipais, do servicio de iluminación pública, rede de sumidoiros, limpeza viaria, instalacións deportivas municipais, así como aqueloutras que se determinen en cada momento polo propio concello.

Terceira.-Normas de aplicación.

O presente concurso rexerase polo previsto nestas bases e pola lexislación de réxime local e demais disposicións que lle resulten aplicables.

Cuarta.-Requisitos dos aspirantes.

Para ser admitido ó concurso, será necesario reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español, sen prexuízo, se é o caso, da admisión de cidadáns da Unión Europea, de acordo coa Lei 17/1993.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder daquela en que falten menos de 10 anos para a xubilación forzosa por idade.

c) Ter capacidade de obrar conforme o disposto no Código Civil.

d) Estar en posesión do certificado de escolaridade ou dun título equivalente ou superior.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

f) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, comunidades autónomas ou entidades locais, nin acharse inhabilitado para o servicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriormente relacionados, deberanos posuí-los aspirantes no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias, debendo manterse durante todo o proceso selectivo.

Quen obteña a praza obxecto desta convocatoria estará suxeito ó réxime de incompatibilidades que determinen as disposicións vixentes.

Quinta.-Solicitudes.

Os que desexen tomar parte neste concurso, deberán presenta-la súa solicitude en modelo oficial, que lles será facilitado na oficina rexistro deste concello.

Para ser admitido ó concurso bastará con que os aspirantes manifesten na súa solicitude de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base cuarta, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación de instancias.

A autoridade convocante, por si ou por proposta do presidente do tribunal, deberá dar conta ós órganos competentes das inexactitudades ou falsidades en que puidesen incorre-los aspirantes, para os efectos procedentes.

As instancias irán dirixidas ó alcalde-presidente, e a elas xuntaráselle o xustificante acreditativo de ter ingresado na Depositaría Municipal os dereitos de exame, así como os documentos acreditativos dos

méritos alegados conforme o baremo establecido no anexo I das presentes bases.

A falta de acreditación dos méritos alegados, determinará a imposibilidade de valoración destes.

Os solicitantes, para poderen participar no correspondente proceso selectivo, deberán ingresar na Depositaría Municipal deste concello a cantidade de 2.000 pesetas, en concepto de dereitos de exame.

As solicitudes presentaranse na Oficina de Rexistro deste concello. Tamén poderán presentarse as instancias e aboa-los dereitos de exame na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 27 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sexta.-Lista de admitidos.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde-presidente do Concello de Sarria dictará resolución no prazo máximo dun mes na que declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, cos nomes, apelidos e número de DNI. A mencionada resolución publicarase no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, indicando as causas de exclusión e concedéndose un prazo de dez días hábiles para efectos de reclamacións ou solicita-la corrección dos erros que se pudieran ter producido, entendéndose a lista elevada a definitiva no caso de que non se producisen reclamacións no prazo indicado.

Sétima.-Comezo e desenvolvemento do concurso.

Cunha antelación de polo menos quince días, publicarase no taboleiro de edictos da corporación e no BOP a relación definitiva de concursantes, a composición do tribunal e o lugar, día e hora en que se procederá á cualificación dos méritos.

Oitava.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador está constituído da seguinte forma:

Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

Vocais: o concelleiro delegado de Obras. Un representante da Consellería da Presidencia e Administración Pública. Un representante do persoal do concello, designado por proposta dos delegados de persoal. O secretario da corporación, quen, así mesmo, actuará como secretario do tribunal.

Para cada un dos membros do tribunal designarase un suplente.

Os vocais do tribunal deberán ter unha titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza que se convoca.

Os membros do tribunal deberán absterse de formaren parte del e de interviren cando concorran algunha das causas previstas nos artigos 28 da Lei 30/1992, e poderán ser recusados conforme os mesmos motivos e de conformidade co procedemento previsto no artigo 29 da mesma lei.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sin a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

As indemnizacións por asistencia como membros do tribunal efectuaranse de conformidade co disposto no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, revisado pola Resolución do 11 de febreiro de 1991, tendo en conta as actualizacións na materia.

As resolucións do tribunal vincularán a Administración sen prexuízo de que esta, se é o caso, poida proceder á súa revisión.

O nomeamento das persoas que integran o tribunal cualificador realizarase por resolución da Alcaldía, por proposta dos órganos competentes.

Novena.-Cualificación de méritos.

No lugar, día e hora sinalados, o tribunal cualificará os concursantes en función dos méritos alegados e debidamente xustificados polos aspirantes, e formará a relación en función das puntuacións totais obtidas por cada concursante.

Os méritos non xustificados non serán valorados.

O resultado farase público o mesmo día en que se acorde e será exposto no taboleiro de edictos da corporación.

Décima.-Lista de aprobados e proposta do tribunal.

Unha vez rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal fará pública a relación de aprobados; o seu número non poderá exceder, en ningún caso, o de prazas convocadas.

En caso de empate na puntuación, acudirase para dirimilo á outorgada pola orde de puntuación máxima establecida no baremo anexo á convocatoria, e, de persistir no empate, acudirase á maior experiencia no posto de traballo obxecto deste concurso.

O tribunal, concluída a cualificación e formada a relación de aprobados, elevará á Alcaldía a proposta do candidato para a formalización do contrato.

Décimo primeira.-Presentación de documentos.

Con carácter previo á formalización do contrato, o aspirante seleccionado deberá xustificar adecuadamente no prazo de vinte días naturais que reúne os requisitos e condicións esixidos na convocatoria, e que son:

-Fotocopia do DNI, que deberá presentarse acompañado do orixinal para a súa compulsa.

-Copia autenticada ou fotocopia, que deberá presentarse acompañada do orixinal para a súa compulsa, do título esixido na presente convocatoria.

-Certificado de antecedentes penais.

-Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño do posto de traballo de que se trata, que deberá ser expedido polos servicios médicos da delegación provincial da Consellería de Sanidade.

-Declaración xurada de non ter sido separado do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado no exercicio da función pública por sentencia firme.

Os que dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentaran a súa documentación, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen ter incorrido pola falsidade na instancia.

Décimo segunda.-Formalización do contrato e período de proba.

Xustificada a documentación sinalada no apartado anterior, formalizarase o contrato entre o alcalde do Concello de Sarria e o aspirante seleccionado. Ata que se formalice o contrato e se incorpore ó posto de traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica ningunha.

Para adquiri-la condición de persoal laboral fixo o aspirante seleccionado deberá superar satisfactoriamente o correspondente período de proba.

Norma final.-A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal cualificador, poderán ser impugnados polos interesados, nos casos e na forma prevista na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO I

BAREMO DE MÉRITOS

1. Por cada ano de servicios prestados a este concello como contratado laboral, nas funcións propias ou semellantes á praza que se convoca, 0,75 puntos por ano completo, valorándose as fraccións inferiores ó ano 0,062 puntos por mes, ata un máximo de 3,5 puntos.

2. Por cada ano de servicios prestado na empresa privada ou outra Administración pública, 0,50 puntos por ano completo, valorándose as fraccións inferiores ó ano 0,041 puntos por mes, ata un máximo de 3 puntos.

3. Asistencia a cursos ou xornadas que se consideren relevantes para a praza a que se opta e que posúan relacións coas funcións que se desenvolverán, valoraranse:

Cursos de ata 20 horas, 0,25 puntos por cada un.

Cursos de 20 a 40 horas, 0,50 puntos por cada un.

Cursos de máis de 40 horas, 0,75 puntos por cada un.

A puntuación máxima por este apartado será de 2 puntos.

4. Coñecemento do galego:

Curso de iniciación, 0,50 puntos.

Curso de perfeccionamento, 1 punto.

No suposto de que o aspirante acredite os dous cursos, só se puntuará o de nivel superior.

5. Estar en posesión do permiso de conducir:

Da clase B, 0,25 puntos.

Da clase C1, 0,50 puntos.

No suposto de que o aspirante acredite as dúas clases de permiso de conducir, só se valorará o de clase superior.

Tódolos méritos serán acreditados polos interesados mediante documentos expedidos ou visados por organismos oficiais, e no caso dos servicios prestados tanto na Administración pública como na empresa privada, deberán acreditarse, ademais, mediante a presentación de xustificante de cotización á Seguridade Social.

Contra estas bases poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Sarria, 15 de xullo de 1997.

Arturo Corral Guitián

Alcalde

5790