Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por poxa, con procedemento aberto do proxecto de depuradora de augas residuais en Codeseda.

Entidade adxudicataria: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Obxecto do contrato: a construcción dunha depuradora en Codeseda no Concello da Estrada. Prazo de execución: cinco meses. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: poxa. Tipo de licitación: 15.000.000 de ptas. Garantía provisional: 300.000 ptas. Garantía definitiva: 600.000 ptas. Obtención de documentación: na Secretaría Xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada. Teléfono: 57 01 65 extensión 43. Presentación de ofertas: nos vinteséis días naturais seguintes á publicación deste anuncio, no rexistro xeral de entrada, de 9 a 13 horas. Documentos que se presentarán: sobre 1, documento xustificativo da personalidade, (declarado bastante, se fose o caso). Declaración de non estar incurso nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995. Xustificante de estar constituida a fianza provisional. Xustificante da alta no IAE. Xustificante da cualificacióndo contratista, no grupo E, subgrupo

I, categoría C. Sobre 2: oferta económica adaptada ó modelo. A apertura dos sobres terá lugar, en acto publico, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 23 xullo de 1997.

O alcalde

Rubricado

6022