Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de pesca fluvial 97/0143 e 97/0150.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, e poderase promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial da Coruña desta consellería, segundo o artigo 40 da Lei de pesca fluvial de Galicia.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples -Monelos- e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no art. 13.2 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario, porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos nor

malizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples -Monelos- A Coruña.

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 30 de xullo de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: P-97/0143.

Denunciado: Manuel Pazos Muíño.

DNI: 78.781.456.

Último enderezo coñecido: Randufe, Santa Comba.

Feitos denunciados: pescar mediando resolución firme que inhabilita o interesado para a obtención da licencia de pesca.

Tipificación da Lei de pesca:

-Artigo: 35.17.

-Cualificación: grave.

Sanción proposta: 500.0001 multa inhab. 3 anos.

-Expediente: P-97/0150.

Denunciado: Juan C. Moares Lado.

DNI: 33.254.273.

Último enderezo coñecido: Cea-Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Feitos denunciados: formación de entullos próximos ó río, susceptibles de ser arrastrados polas augas co conseguinte dano para a poboación ictícola.

Tipificación da Lei de pesca:

-Artigo: 35.10.

-Cualificación: grave.

Sanción proposta: 500.0001 multa inhab. 2 anos.

6269