Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de caza 96/0295.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82, do 6-4-1970), e do seu Regulamento aprobado polo Decreto 506/1971, de 25 de marzo (BOE nº 76, do 30-3-1971. Corrección de erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples -Monelos- A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 30 de xullo de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: C-96/0295.

Denunciado: José M. La Puente Barba.

DNI: 33.237.306.

Último enderezo coñecido: costa Sta. Isabel, 2, Santiago de Compostela.

Feito denunciado: cazar nun couto sen o correspondente permiso.

Tipificación infracción Lei de caza:

-Artículo: 48.1.8.

-Calificación: grave.

Sanción: 5.000 multa.

6295