Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas nos expedientes sancionadores de caza 96/0174 e 96/0280.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción administrativa da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82 do 6-4-1970), e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76 do 30-3-1971. Corrección erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples -Monelos- A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples -Monelos- A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 30 de xullo de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

-Expediente: C-96/0174.

Denunciado: Juan J. Martínez Fraguela.

DNI: 76.398.895.

Último enderezo coñecido: Camino R. Magdalena, 39, Cedeira.

Feitos denunciados: posuí-la documentación preceptiva para cazar non levándoa consigo.

Tipificación Lei de caza:

-Artigo: 48.3.43.

-Calificación: leve.

Sanción proposta: 1.000 multa.

-Expediente: C-96/0280.

Denunciado: José Vilari Vilari.

DNI: 32.359.924.

Último enderezo coñecido: Sofán, 5, Carballo.

Feitos denunciados: posui-la documentación preceptiva para cazar non levándoa consigo.

Tipificación Lei de caza:

-Artigo: 48.3.43.

-Calificación: leve.

Sanción proposta: 1.000 multa.

6294