Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 97/0009 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse de manifesto o procedemento de manifesto para trámite de vista

se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples -Monelos- A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes na Coruña, para a resolución do procedemento.

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 30 de xullo de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

-Expediente: P-97/009.

Denunciado: Ángel García Seoane.

DNI: 32.421.862.

Último enderezo coñecido: Arzobispo Malvar, 22-7º B, Pontevedra.

Feitos denunciados: pescar en época de veda.

Tipificación Lei de pesca:

-Artigo: 34.8.

-Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa inhab. 1 ano.

-Expediente: P-97/0028.

Denunciado: Ángel Escudero Ferreduela.

DNI: 15.978.406.

Último enderezo coñecido: Garbi, 24, Pta. 18, Valencia.

Feitos denunciados: pescar sen licencia.

Tipificación Lei de pesca:

-Artigo: 34.1.

-Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa inhab. 1 ano.

-Expediente: P-97/0065.

Denunciado: Manuel Ferreiro Souto.

DNI: 34.895.893.

Último enderezo coñecido: Avd. Alfonso Senra, 108, 2º Ordes.

Feitos denunciados: pescar sen licencia.

Tipificación Lei de pesca:

-Artigo: 34.1.

-Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa inhab. 1 ano.

6297