Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 13 de agosto de 1997 Páx. 7.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 96/0303 e 96/0348.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples -Monelos- A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 30 de xullo de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente: P-96/0303.

Denunciado: Xosé A. Segade Culleiro.

DNI: 33.233.188.

Último enderezo coñecido: Magdalena, 2, O Milladoiro, Ames.

Feitos denunciados: pescar 11 troitas de tamaño menor có regulamentario.

Tipificación infracción Lei de pesca:

-Artigo: 33.9º.

-Calificación: leve.

Sanción: 10.000 multa, 12.375 indem.

-Expediente: -P-96/0348.

Denunciado: Alejandro Martínez Guimarei.

DNI: 29.855.181.

Último enderezo coñecido: Lagartóns-A Estrada (Pontevedra).

Feitos denunciados: pescar con máis canas das permitidas.

Tipificación infracción Lei de pesca:

-Artigo: 33.4º.

-Calificación: leve.

Sanción: 10.000 multa.

5839