Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.733

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 30 de xullo de 1997 pola que se nomean os recadadores de zona.

Rematado o proceso de selección para o nomeamento de recadadores de zona, e vista a proposta elevada pola comisión creada para o efecto pola Orde do 27 de xuño do presente ano (DOG nº 126, do 2 de xullo), procede, en virtude do previsto na disposición adicional e no artigo 4 do Decreto 90/1997,

do 10 de abril, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona, nomea-los seleccionados. Por isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Noméanse recadadores de zona, como titulares de cada unha das cinco zonas de recadación existentes, a:

Apelidos e nomeZona

Gimaraens Benedetti, FernandoOurense

Luna Sánchez Álamo, PedroPontevedra

Sánchez García, Francisco JavierVigo

Vázquez Fermoso, RobertoLugo

Villalva Montero, NazarioA Coruña

Artigo 2º

A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3º

No prazo citado no artigo anterior deberá de constituírse a fianza a que se refire o artigo 34 e seguintes do Decreto 90/97, perante a Caixa Xeral de Depósitos dos servicios centrais da Consellería de Economía e Facenda, á disposición da Dirección Xeral de Tributos. A dita fianza poderá prestarse en metálico ou aval solidario de banco ou caixa de aforros. O importe dela será o fixado na disposición transitoria do citado decreto.

Artigo 4º

Antes da toma de posesión, os funcionarios nomeados recadadores da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen noutra situación administrativa, terán que solicitar e obte-la de excedencia voluntaria por interese particular e presenta-lo documento acreditativo perante a Dirección Xeral de Tributos.

Artigo 5º

Se, solicitada a mencionada situación administrativa perante a autoridade correspondente, non se puidese obter antes de remata-lo prazo previsto para a toma de posesión e estas circunstancias quedasen suficiente acreditadas, o prazo sinalado nos artigos precedentes para a toma de posesión e constitución de fianza ampliarase ata que tal situación administrativa de excedencia voluntaria estea concedida.

Artigo 6º

Previamente á toma de posesión, en función do establecido no artigo 15 do decreto citado, os recadadores nomeados efectuarán a oportuna declaración de incompatibilidades.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

6090