Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.734

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997, do tribunal da categoría de ATS/DUE que xulga o proceso selectivo para o ingreso na dita categoría de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, pola que se fai público o acordo relativo á publicación da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade co previsto no apartado 24 da base sexta da Resolución do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) o tribunal encargado de xulga-lo concurso-oposición para o ingreso na categoría de ATS/DUE de persoal estatutario do Sergas publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzado, que superaron o dito concurso-oposición, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas, comprendendo a dita relación, de forma separada ós aspirantes polo sistema de acceso libre e, se é o caso, polo de promoción interna e pola quenda reservada a minusválidos.

Así mesmo, o apartado 27 da dita base da convocatoria prevé que unha vez publicado ese acordo, o tribunal eleve á autoridade convocante a relación de aspirantes que superen o concurso-oposición na forma prevista no apartado 24 da mesma base.

Adoptado acordo ó respecto polo tribunal sobre a relación definitiva de aspirantes seleccionados que superaron o proceso selectivo citado, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose expresamente para isto a este centro directivo, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las relacións de aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 19 de xuño de 1995 para o ingreso na categoría de ATS/DUE, que se inclúe como anexo á presente resolución.

Segundo.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da devandita convocatoria.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1997.

Jaime Torres Rey

Presidente do tribunal

CONCURSO OPOSICIÓN ACCESO A PRAZAS DE PERSOAL ESTATUTARIO

RELACIÓN DE ASPIRANTES QUE SUPERARON O CONCURSO-OPOSICIÓN

CATEGORÍA ATS/DUE

4468