Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Circuitos a Fondo, S.A., sita na rúa Torreiro, 13-15 7º B, na Coruña.

Visto o expediente instruído por instancia de Alfredo Ibáñez Enciso, na súa calidade de conselleiro

delegado da entidade mercantil Viajes Circuitos a Fondo, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na rúa Torreiro, 13-15 7º B da Coruña, da axencia de viaxes Viajes Circuitos a Fondo, S.A., do grupo maiorista, co código identificativo CIC MA 419, que ten a súa casa central en Madrid, na rúa Praza do Dtr. Laguna, 11.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude entregou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, a Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Circuitos a Fondo, S.A., sita en Madrid, na rúa Praza do Dtr. Laguna, 11, da que é titular a entidade mercantil Viajes Circuitos a Fondo, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Torreiro, 13-15 7º B da Coruña, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

6200