Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.730

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da primeira transformación da madeira de Lugo (código 2700445), da provincia de Lugo, asinado o día 24 de xuño de 1997, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de 1ª Transformación da Madeira, Rematantes e Aserraderos de Lugo e das centrais sindicais UGT, USO e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 3 de xullo de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial da primeira transformación da madeira da provincia de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo de traballo é de aplicación a tódalas empresas adicadas ás actividades de serradoiro de madeira, industria de chapa e parquet, así como remate de madeira, que se rexan polo convenio colectivo estatal da madeira, publicado no Boletín Oficial del Estado con data 20 de maio de 1996, coa excepción feita daquelas empresas que no día da data teñan aprobado convenio colectivo propio ou estean pendentes da súa aprobación.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos neste convenio tódolos traballadores das empresas incluídos no seu ámbito funcional, agás os menores de 16 anos, que está prohibida a súa contratación.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A duración do presente convenio será desde o 1 de abril de 1997 ata o 31 de marzo de 1998, entrando en vigor o día da súa publicación no BOP, con efectos económicos desde o 1 de abril de 1997.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

As disposicións do presente convenio son de aplicación ás empresas de Lugo e maila súa provincia, ós seus traballadores e as empresas que, tendo o seu domicilio noutra provincia, os seus traballadores presten os servicios nesta. Do mesmo xeito quedan obrigadas cantas empresas poidan constituírse no futuro na provincia de Lugo e queden enmarcadas no ámbito funcional do presente acordo.

Artigo 5º.-Denuncia.

O convenio prorrogarase por períodos anuais, agás na materia salarial, de non denuncialo calquera das partes cunha antelación dun mes respecto á data do seu remate.

Artigo 6º.-Comisión mixta paritaria.

Para interpreta-lo contido do presente convenio, vixia-lo cumprimento e exerce-las funcións de arbitraxe nos problemas e cuestións formulados como consecuencia da súa aplicación constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes deste convenio, que estará formado por nove representantes da asociación empresarial asinante, 5 da central sindical UGT, 3 da central sindical USO e 1 da central sindical CC.OO., igualmente asinantes. Caso de non chegar a acordo a referida comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación e maila xurisdicción competente.

A mencionada comisión terá competencia en materia de desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo e da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 7º.-Compensación e absorción.

As condicións que se establecen neste convenio son compensables e absorbibles en cómputo anual, de conformidade coa lexislación vixente, respectándose as situacións persoais en igual forma, salvo a antigüidade consolidada de conformidade co establecido no artigo décimo quinto e cos límites establecidos no artigo décimo terceiro.

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral durante a vixencia do presente convenio será de 1.804 horas anuais de traballo efectivo.

As empresas poderán distribui-la xornada establecida no parágrafo anterior ó longo do ano mediante criterios de fixación uniforme ou irregular, afectando a uniformidade ou irregularidade ben a todo o cadro de persoal ou de forma diversa por seccións ou departamentos, por períodos estacionais do ano en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda. En todo caso, a distribución irregular da xornada respectará os topes mínimos e máximos de distribución previstos no artigo 43 do convenio colectivo estatal da madeira.

Para os efectos dunha mellor organización do traballo, as empresas poderán establecer un calendario

anual no que se recolla a distribución da xornada pactada ó longo do ano.

En todo caso, e tendo conta o feito de estar pendente de resolución pola Sala Cuarta do Tribunal Supremo do recurso de casación formulado contra a sentencia dictada con data 23 de outubro de 1996 pola Audiencia Nacional, Sala do Social, no procedemento nº 166/96, pola que se declaraba a nulidade dos artigos 5, 8 e 10 do convenio colectivo estatal da madeira, se finalmente o Tribunal Supremo confirma a sentencia dictada pola Audiencia Nacional de forma que se recoñeza o dereito das comisións negociadoras nos ámbitos inferiores de negociación de chegar a acordos en materia de xornada distintos do adoptado no convenio colectivo estatal, no próximo convenio partirase para efectos de negociación dunha xornada de 1.812 horas, isto é, a xornada vixente ó momento do asinamento do presente convenio.

Artigo 9º.-Vacacións anuais.

1. O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbles por prestación económica, será de 30 días naturais. Comezarán a desfrutarse sempre en días laborables, preferentemente entre o día 20 de xuño e o 30 de setembro.

2. O período do seu desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e mailo traballador, que tamén poderán acorda-la división en dous períodos das vacacións totais.

A falta de acordo observarase o disposto nos convenios colectivos sobre planificacións anuais das vacacións, respectándose, en todo caso, os seguintes criterios:

a) O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

b) Por acordo entre o empresario e mailos representantes legais dos traballadores, poderanse fixa-los períodos de vacacións de todo o personal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa con suspensión total da actividade laboral, sen máis excepcións cás das tarefas de conservación, reparación e semellantes.

c) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia para que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

d) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdición competente fixará as datas de desfrute das vacacións, sendo a súa decisión irrecorrible. O procedemento será sumario e preferente.

e) O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas nas que lle corresponde desfruta-las vacacións dous meses antes, alomenos, da data do seu comenzo.

A retribución que se percibirá por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, agás das horas extraordinarias e gratificacións extraordinarias.

Artigo 10º.-Permisos retribuídos.

Os traballadores que contraian matrimonio terán dereito a 21 días de permiso. Por cambio de domicilio, dous días. Para os demais supostos observarase o establecido no cadro de permisos e licencias recollidos no anexo II do convenio colectivo estatal da madeira e na lexislación laboral vixente.

Artigo 11º.-Horas sindicais.

Os delegados de persoal disporán dun crédito mínimo de 16 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións.

Artigo 12º.-Salario.

Comprende as retribucións que na xornada normal de traballo figuran na táboa de salarios anexa, resultado de aplicar un incremento do 2,2% -IPC real estatal dos doce meses anteriores á finalización da vixencia do convenio anterior- sobre das táboas do convenio anterior e iso en aplicación do disposto na disposición adicional primeira do convenio colectivo estatal da madeira.

Artigo 13º.-Sobresoldo de asistencia.

Establécese un sobresoldo de asistencia para tódalas categorías profesionais que se percibirá por día efectivamente traballado. Perderase por acumulación de dúas faltas inxustificadas. Non será absorbible polos aumentos sobre o salario mínimo.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias, unha de elas denominada paga de verán, a que se aboará antes do 30 de xuño e outra en decembro, denominada paga de Nadal, que se aboará antes do 20 do citado mes.

A contía das pagas mencionadas será de 30 días de salario base, maila antigüidade e a compensación por perda de antigüidade.

As pagas extraordinarias reguladas no presente artigo devengaranse por semestre naturais e por cada día natural no que se devengase o salario base.

Artigo 15º.-Complemento de antigüidade.

A partir do 30 de setembro de 1996 non se devengarán por este concepto novos dereitos quedando, polo tanto, suprimido.

Non obstante os traballadores que xerasen ou xeren antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e cuantías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A contía mencionada figurará na nómina de cada traballador como complemento persoal baixo o concepto de antigüidade consolidada non sendo tal contía absorbible

nin compensable. Para tales efectos fixase na táboa salarial anexa o importe do quinquenio consolidado para cada unha das categorías profesionais.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición do concepto de antigüidade se percibirán durante a vixencia do presente convenio as contías que figuran na táboa salarial anexa baixo o concepto de compensación antigüidade, e que baixo este mesmo concepto figurará na nómina.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

Todo traballador con dereito a axudas de custo percibirá as contías que se indican a continuación ou ben gastos para xustificar, por elección da empresa.

Media axuda de custo: 1.355 ptas.

Axuda de custo completa: 2.520 ptas.

Artigo 17º.-Xubilación.

Os traballadores comprendidos no presente convenio que se xubilen cunha antigüidade de 5 anos na empresa, percibirán 30 días de salario, e con mais de 10, percibirán 60 días.

Artigo 18º.-Xubilación voluntaria ós 64 anos.

Os traballadores con 64 anos cumpridos, incluídos no ámbito persoal deste convenio, que desexen acollerse á xubilación co 100% dos dereitos, poderán facelo, estando, neste caso, a empresa obrigada a contratar outro traballador perceptor de subsidio de desemprego, acolléndose a calquera das modalidades de contratación previstas na lexislación vixente.

Artigo 19º.-Seguridade e hixiene.

1. O traballador, na prestación dos seus servicios, terá dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e hixiene.

2. O traballador estará obrigado a cumprir e utilizar no seu traballo as medidas legais e regulamentarias de seguridade e hixiene.

3. Na inspección e control das referidas medidas, que sexan de cumprimento obrigado polo empresario, o traballador terá dereito a participar por medio dos seus representantes legais no centro de traballo, se non se conta con órganos ou centros especializados competentes na materia, de acordo coa lexislación vixente.

4. O empresario está obrigado a facilitar unha formación práctica axeitada en materia de seguridade e hixiene ós traballadores que contrate, ou cando cambien de posto de traballo ou teñan que aplicar unha nova técnica que poida ocasionar riscos graves para o propio traballador ou para os compañeiros ou terceiros, ben sexa por servicios propios ou coa intervención dos servicios oficiais correspondentes. O traballador está obrigado a segui-las ditas ensinanzas e a realiza-las prácticas cando se celebren dentro da xornada de traballo ou noutras horas, pero con desconto naquelas do tempo empregado nas nestas.

5. Os órganos internos da empresa, competentes en materia de seguridade e hixiene e, no seu defecto, os representantes legais dos traballadores no centro de traballo, que constaten un risco grave de accidente pola inobservancia da lexislación aplicable á materia, requirirán o empresario por escrito para que adopte as medidas oportunas que fagan desaparece-lo estado de risco; se a petición non fose atendida no prazo de catro días, dirixiranse á autoridade competente; esta, se constatase a veracidade das circunstancias alegadas, mediante resolución fundada requirirá o empresario para que adopte as medidas de seguridade apropiadas ou suspenda as actividades na zona ou local de traballo. Tamén poderá ordenar, cos informes técnicos precisos, a paralización inmediata da actividade se considerase un risco grave e inminente de accidente.

Se o risco de accidente fose inminente, a paralización das actividades poderá ser acordada por decisión dos órganos competentes da empresa en materia de seguridade ou polo setenta e cinco por cento dos representantes dos traballadores en empresas con procesos discontinuos, e da totalidade deles naquelas nas que o proceso sexa continuo; tal acordo será comunicado de inmediato á empresa e á autoridade laboral, a que en 24 horas anulará ou ratificará a paralización acordada.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles ós traballadores dúas fundas ó ano, unha cada seis meses, así como todos aqueles artigos de seguridade que especifique a lexislación vixente; especialmente ós traballadores desprazados no monte que realicen funcións de poda ou tronzado entregaránselles botas axeitadas.

Artigo 21º.-Recoñecementos médicos.

Sempre que as mutuas patronais ou laborais que cubran os riscos de accidente de traballo en cada empresa, desexen realizar recoñecementos médicos sobre posibles enfermidades profesionais, así como cando o Gabinete de Seguridade e Hixiene de Lugo propoña recoñecementos no sector, as empresas estarán obrigadas a facilita-lo tempo necesario para realizar estos servicios médicos, logo de correspondente citación por escrito na que deberá figurar día, hora e lugar de recoñecemento.

Cando os resultados do recoñecemento médico rutineiro fagan ve-la necesidade dunha atención máis especializada en materia de saúde laboral, acudirase ó Gabinete de Seguridade e Hixiene de Lugo.

Artigo 22º.-Póliza de seguros.

As empresas afectadas polo presente convenio estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguro que cubra no caso de accidente de traballo, así declarado pola Seguridade Social, os riscos de falecemento e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e gran invalidez.

As contías da citada póliza serán de 2.750.000 ptas. no caso de falecemento e 3.250.000 ptas. no caso de invalidez permanente en calquera dos seus tres graos.

O incremento de 250.000 ptas. que se establece na contía da póliza, respecto do convenio anterior, soamente afectará os procesos iniciados a partir do 1 de abril de 1997.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida percibi-lo traballador da Seguridade Social, Mutualidade ou Montepio.

Non obstante, a indemnización que se perciba con cargo ó seguro aquí establecido, considerarase como entrega por conta da indemnización que, se é o caso, puidesen declarar con cargo á empresa, os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aquela alcance.

Artigo 23º.-Vinculación á totalidade.

Como queira que as condicións pactadas no presente convenio colectivo son o resultado da adaptación deste ó convenio colectivo estatal da madeira, se se dese o caso de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase, habendo resolución firme, algúns ou tódolos seus pactos e, polo tanto, quedase sen efecto o convenio colectivo estatal pola aplicación do seu artigo 16, o convenio colectivo estatal deixará de rexer no futuro no que respecta ó presente convenio colectivo provincial.

Por outra parte e no suposto de que a xurisdicción competente considerase que algunha das condicións pactadas no presente convenio colectivo conculca a legalidade vixente ou lesiona gravemente intereses de terceiros e, como queira que este convenio, na súa redacción actual, constitúe un todo orgánico indivisible, terase por totalmente ineficaz debendo reconsidera-lo seu contido íntegro a comisión negociadora.

Normas supletorias.

No non recollido no presente convenio, serán de aplicación as normas xerais legais, e en especial o convenio colectivo estatal da madeira publicado no Boletín Oficial del Estado con data do 20 de maio de 1996.

Disposicións adicionais

Primeira.-As partes asinantes deste convenio consideran o acordo interprofesional galego sobre dos procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo como a canle idónea para a solución dos conflictos colectivos laborais.

Segunda.-As empresas disporán dun prazo de 30 días desde a publicación deste convenio no BOP para aboa-las diferencias salariais entre as cantidades que viñesen percibindo e as que se pactan neste convenio, en concepto de atrasos desde o 1-4-97 ata a data de publicación.

Táboa salarial vixente do 1-4-1997 ó 31-3-1998

Categorías

profesionais

Salario

base

Plus

asistencia

Compensación

antigüidade

(ano)

Compensación

antigüidade

(mes)

Quinquenio consolidado

Total anual

Encargado, xefe de oficina2.83712218.6621.33357.0461.251.898
Oficial de 1ª, viaxante,

serrador, medidor, conductor

2.77812218.2701.30555.8581.226.431
Afiador, oficial de 2ª,

serrador de serra circular

2.73712218.0041.28655.0441.208.740
Axudante2.65612217.4721.24853.4161.173.783
Peón especialista2.64812217.4161.24453.2401.170.327
Peón vixilante2.63412217.3181.23752.9541.164.279
Aprendiz2.10912213.87499142.416937.710

6231