Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.722

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 213/1997, do 24 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Neda (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de acondicionamento ambiental da ribeira de Neda.

O Concello de Neda (A Coruña), en sesión celebrada o día 7 de xuño de 1995, aprobou o proxecto de acondicionamento ambiental da ribeira de Neda e na sesión celebrada o día 4 de xuño de 1996 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 29 de maio de 1997 baixo o número 7.334.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 13 de xuño de 1997 baixo o número 8.241.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a rea

lización das obras do proxecto técnico sinalado, porque o mal estado da ría de Ferrol, na marxe que se asenta o termo municipal de Neda xustifica a necesidade de logra-la rexeneración e regulación da zona costeira poñendo fin á situación actual que tanto prexudica o contorno da ría e de forma máis directa ás propiedades situadas na marxe da auga.

Por outra banda, o concello formalizou coa Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente un convenio no que este asumía o financiamento da obra con cargo ós fondos da Comunidade Europea e dentro dos programas que van executar antes do ano 1999, así como a contratación do proxecto básico e comprometéndose o concello a poñer á súa disposición a totalidade dos terreos que se van ocupar polas obras, fixándose como tope para execución delas o ano 1999; deben significarse que a obra, pola súa capacidade de execución ten que dividirse nun mínimo de dúas anualidades, polo que se fai imprescindible a súa inmediata contratación para posibilitar tal fraccionamento.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Neda (A Coruña) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de acondicionamento ambiental da ribeira de Neda.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

6108