Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.723

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 214/1997, do 24 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Outes (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de recuperación ambiental da ribeira de Pontenafonso.

O Concello de Outes (A Coruña), en sesión celebrada o día 30 de xaneiro de 1997, aprobou o proxecto de recuperación ambiental da ribeira de Pontenafonso e na sesión celebrada o día 3 de abril de 1997, acordou so licitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 16 de xuño de 1997 baixo o número 8.280.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30 de xuño de 1997 baixo o número 9014.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque é preciso consegui-la dispoñibilidade dos terreos xa que o proxecto está incluído nos fondos de cohesión e a actuación prevista, tal como reflicte o seu título, supón a recuperación dunha zona da marisma degradada por vertidos incontrolados ou ocupacións ilegais, e as estructuras que resulten desta actuación van mellora-la precariedade na que se achan os veciños desta zona respecto a accesos menos perigosos, así como a disposición de espacios de lecer, hoxe inexistentes.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Outes (A Coruña) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de recuperación ambiental da ribeira de Pontenafonso.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

6109