Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 08 de agosto de 1997 Páx. 7.723

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 215/1997, do 24 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Mos (Pontevedra), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de recuperación da canle e ordenación das marxes do río Louro.

O Concello de Mos (Pontevedra), en sesión celebrada o día 28 de novembro de 1996, aprobou o

proxecto de recuperación da canle e ordenación das marxes do río Louro e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 5 de xuño de 1997, baixo o número 7.721.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 7 de xullo de 1997 baixo o número 9382.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado proque é preciso evita-los constantes desbordamentos do río Louro producidos pola insuficiencia e mal estado da súa canle, así como substituí-la actual ponte por outra de capacidade suficiente para evita-las frecuentes inundacións; a isto engádese a necesidade perentoria de mellora-la calidade da auga nunha zona urbana de intensa presión residencial e industrial.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Mos (Pontevedra) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de recuperación do canle e ordenación das marxes do río Louro.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

6144