Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.500

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E, realizados entre o 1 de xullo de 1997 e o 20 de decembro de 1997.

Por orde da Consellería de Educación do 10 de febreiro de 1997 (DOG do 7 de marzo), convocáronse axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E.

De conformidade co disposto no apartado décimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicar axudas, pola contía que se indica, para a realización de intercambios, encontros escolares e visitas preparatorias desenvolvidas entre o 1 de xullo de 1997 e o 20 de decembro de 1997, ós centros que figuran relacionados no anexo I. Non quedan centros en listas de espera nin hai excluídos.

Segundo.-O libramento das axudas ós centros realizarase a través da Axencia Nacional Sócrates. A dita axencia enviará a cada un dos centros seleccionados o modelo de contrato elaborado pola Comisión Europea. Este documento deberá ser cuberto e asinado polo director do centro e remitido posteriormente á Axencia Nacional Sócrates.

Terceiro.-Unha vez recibidos os fondos da Comisión Europea, a Axencia Nacional Sócrates iniciará a tramitación para efectua-lo libramento das cantidades correspondentes a cada un dos centros seleccionados, de acordo co establecido nos contratos asinados polos ditos centros.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade de calquera administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que, se é o caso, poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

3. Xustifica- lo correcto investimento das axudas recibidas mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memorias.

Os centros beneficiarios enviarán a memoria descritiva do proxecto educativo conxunto (PEC), cunha extensión máxima de 25 folios. A dita memoria reflectirá o grao de cumprimento dos obxectivos programados, o número de alumnos participantes e a avaliación das actividades levadas a cabo, incluíndo elementos de análise por parte dos alumnos. Poderá xuntarse material audiovisual.

Os centros beneficiarios de visita preparatoria deberán elaborar unha breve memoria, estas deberán remitirse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional (Edificio San Lázaro 107. 15771 Santiago de Compostela), especificando Programa Sócrates, Lingua, Acción E, no prazo dun mes desde a finalización da actividade.

3.2. Xustificación económica.

3.2.1. Certificado do director do centro que exprese que quedou cumprida a finalidade que motivou a concesión da axuda.

3.2.2. Certificación do consello escolar sobre a aplicación dada á axuda recibida, que substituirá

os xustificantes orixinais, que quedarán en poder dos centros á disposición do Tribunal de Contas e da Intervención Xeneral da Administración do Estado para a realización das comprobacións oportunas no ámbito das súas respectivas competencias.

3.2.3. Ficha financeira segundo o modelo que a Axencia Nacional Sócrates enviará ó centro seleccionado xunto co contrato.

A citada documentación deberá remitirse á Axencia Nacional Sócrates (Bravo Murillo 38. Madrid 28015).

Quinto.-A non xustificación da axuda percibida conforme o disposto nestas bases implicará o reintegro á Axencia Nacional Sócrates das cantidades non xustificadas e as esixencias dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que poida incorrer conforme os artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro.

Sexto.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Sétimo.-Contra a resolución de adxudicación, os centros interesados poderán interpoñer no prazo dun mes recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Oitavo.-A presente resolución entrará en vigor o día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1997.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e de Formación Profesional

ANEXO I

Relación de beneficiarios das axudas e contía

Proxectos educativos conxuntos

Centro escolarLocalidadeProvinciaECUsPaísCentro asociado

IB Lucus AugustiLugoLugo6240DinamarcaSkive Gymnasium. Skive.
IB Alfredo BrañasCarballoA Coruña7050ItaliaI. Tec. Pío de la Torre
IB Eduardo PondalA CoruñaA Coruña7050ItaliaI. M da Passano/I.C. Darwin
IES San CibraoSan Cibrao.CervoLugo6510InglaterraPrince William School
Escola Oficial de IdiomasPontevedraPontevedra10806SueciaBrinellsklan. Fagersta
IES Ribeira do LouroO PorriñoPontevedra4700InglaterraKent College

Visitas preparatorias

Centro escolarLocalidadeProvinciaECUsPaísCentro asociado

IES Isidro Parga PondalCarballoA Coruña1400FranciaLycée Pierre de Courbertin
IESP CangasCangasPontevedra1600InglaterraThe Dearne High School
IB Alfredo BrañasCarballoA Coruña1600ItaliaI. Piu La Torre
IB R. Oriental do UruguayVigoPontevedra800ItaliaLiceo Annesso Convitto

Tolomei

IES Isidro Parga PondalCarballoA Coruña1600ItaliaLiceo Scientífico Nicola

Copernico

5483