Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.502

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 23 de xuño de 1997 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado, e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estos prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Comportamiento de los DRG en Galicia: 800 pesetas.

Guía de Recursos. Xaneiro 1997: 2.500 pesetas.

Índice de Normas e Actos. Sanidade. 1996. Vol. V T.I. y II: 3.000 pesetas.

5721