Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.502

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997 de delegación de competencias no director do Servicio de Publicacións desta universidade.

Que á vista do Regulamento do Servicio de Publicacións desta universidade, aprobado pola Xunta de Goberno do día 25-11-1996, no que se fan constar que aquelas funcións xurídico-económicas ás que se fai referencia nos artigos do título III e noutros deste regulamento especialmente en materia de contratación serán subscritos polo Servicio de Publicacións, se o rector lle outorga unha delegación de competencias no director do servicio.

Que polo exposto, coa finalidade de axiliza-las xestións do dito servicio, este rectorado de conformidade co disposto nos estatutos e o Regulamento de con

tratación desta universidade e nos termos do artigo 13 da Lei 30/1992, dicta a seguinte,

RESOLUCIÓN:

1º Deléganse, no director do Servicio de Publicacións desta universidade Manuel Vázquez Vázquez, as facultades que corresponden a este rectorado como órgano de contratación desta universidade, delegación que abrangue exclusivamente os contratos que recolle o mencionado regulamento, e son nulos de pleno dereito aqueles e son outorgados os que excedan os límites marcados.

2º Que en todo contrato que subscriba se fará expresa referencia a esta delegación e que na tramitación deles se cumprirán as esixencias do ordenamento xurídico, en especial da Lei 13/1995.

3º Que a presente delegación, que será publicada no DOG poderá ser revogada en calquera momento, por este rectorado.

Vigo, 25 de xuño de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

6013