Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 04 de agosto de 1997 Páx. 7.500

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 30 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se adxudican as axudas para a realización de proxectos de investigación convocadas no anexo I á Orde do 16 de decembro de 1996 (DOG do 30 de decembro).

Advertido erro nos apartados primeiro e segundo da resolución aludida, publicada no DOG nº 132, do 10 de xullo de 1997, cómpre efectua-las seguintes rectificacións:

Na páxina 6.796, o apartado primeiro da resolución de referencia, debe quedar redactado do xeito que a seguir se indica:

«Primeiro. Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de novos equipos (equipos de iniciación á investigación) ós solicitantes que se citan no anexo I da presente resolución, na contía que se sinala. As axudas que se indican comprenden o total de subvención necesaria para a realización do proxecto incrementada nun 10%, destinado ós gastos institucionais, que a execución del supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable».

Na mesma páxina, o apartado segundo, debe quedar redactado da seguinte forma:

«Segundo. Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de equipos consolidados ós solicitantes que se relacionan no anexo II da presente resolución, na contía que se sinala. As axudas que se indican comprenden o total de subvención necesaria para a realización do proxecto incrementada nun 10%, destinado ós gastos institucionais, que a execución del supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable».

5887