Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de incendios forestais IF 83/97 e tres máis, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a Fernando Rengifo Méndez-Núñez, funcionario desta delegación, que poderá ser recusado en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 20 de xuño de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: IF 83/97.

Denunciado: Ramón Prado Dorado.

DNI: 33.795.362-M.

Ultimo enderezo coñecido: Xral. Sanjurjo, 31-33-3º D.

Feitos imputados: queimar unha morea de restrollos, sen perigo de propagación do lume, carecendo da preceptiva autorización de queima.

Precepto sancionador: artigo 137 b) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente IF .

Denunciado: Arturo Bra López.

DNI: 33.799.847.

Ultimo enderezo coñecido: r/ Catasol, nº 15-2º-Lugo.

Feitos imputados: queimar lixo (caixas de cartón) a uns 60 m de distancia do arboredo e vexetación; existindo perigo de incendio no caso de levantarse un pouco vento, e non haber ningunha persoa atendendo a evolución do lume.

Precepto sancionador: artigo 137 b) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 15.000 ptas.

-Expediente: 97/97.

Denunciado: Alejandro Juan Cadarso Cerdeiriña.

DNI: 32.759.132.

Ultimo enderezo coñecido: Avda. de Arteixo, nº 4-8º.

Feitos imputados: depositar un vehículo semidesmantelado no monte, marca Citroen matrícula M-5221-NJ; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 137 b) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

-Expediente: 100/97.

Denunciado: Ramón Roca Montenegro.

DNI: 33.850.701.

Ultimo enderezo coñecido: As Fontiñas, 2º-4-Vilalba-Lugo.

Feitos imputados: depositar un vehículo en zona forestal, marca Seat 1200 Sport matrícula C.3277-J, rodeado de mato e próximo ó arboredo; estando prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136 j)e 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación: grave.

Sanción: 12.000 ptas.

5629