Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador IF-139/96 (incendios-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados, que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo; Ronda da Muralla, 197, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Lugo, 20 de xuño de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº. IF-139/96.

Denunciado: Constantino Paz Car Cabarcos.

Enderezo: r/ Santos Yáñez Rebolo, nº 71-1º.

Feito denunciado: queimar herba nun prado, sen perigo de propagación do lume, carecendo da preceptiva autorización de queima.

Precepto infrinxido: artigo 137 b) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 10.000 ptas. de multa.

5621