Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona Santa María Maior (Mondoñedo-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona Sta. María Maior (Mondoñedo-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión deles, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de reemprazo, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, a do 31 de decembro de 1997, a falta de acordo do propietario destes e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados desde o 1 de xaneiro de 1998, os interesados poderán reclamar, acompañando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e o que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de reemprazo lles outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 26 de xuño de 1997.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo

5624