Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona Lourenzá sur (Lourenzá-Lugo) que, co obxecto de que tomen posesión deles, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, a do 1 de outubro de 1997, por falta de acordo do propietario destes e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.
Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados desde o 2 de outubro de 1997, os interesados poderán reclamar, acompañando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e o que consta no expediente de concentración.
Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.
Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outórgalles
ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, por falta de acordo co adxudicatario.
Lugo, 19 de xuño de 1997.
Fernando López Gutiérrez
Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo
º5628