Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.465

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de xullo de 1997 pola que se adxudican axudas económicas para subvenciona-lo funcionamento de escolas de música privadas.

Por Orde do 21 de marzo de 1997 (DOG do 2 de maio) convócanse axudas para subvenciona-las actividades desenvolvidas ou que tivesen previsto desenvolver, durante o ano 1997, as escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, da Comunidade Autónoma de Galicia.

A comisión constituída segundo establece o punto sétimo da orde de convocatoria, encargada de valora-las solicitudes presentadas, acordou propoñer resolución provisional de adxudicación.

Cumprido o procedemento que sinala o punto oitavo da orde de convocatoria, para que os solicitantes puideran alega-lo que estimasen conveniente no seu dereito e, valoradas as alegacións presentadas, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta provisional e adxudicar axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música solicitantes que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes de axuda das escolas que se relacionan no anexo II a esta orde, por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nos puntos primeiro e segundo da orde de convocatoria.

Terceiro.-Para faceren efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do 30 de agosto de 1997, a xustificación completa dos gastos realizados.

3.1 De acordo co disposto no apartado décimo da orde de convocatoria, esta xustificación de gastos

presentarase en dúas partes: o 70% correspondente a gastos realizados con anterioridade ó 30 de abril de 1997 e o 30 % restante, correspondente a gastos realizados ata o 15 de xullo de 1997.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación

da escola

Contía da subvención

ptas.

Antas de Ulla700.000
Beade800.000
Guláns, Unión de750.000
Lalín800.000
Matamá, Artística de800.000
Samos700.000
Vedra750.000

ANEXO II

Denominación

da escola

Causa da exclusión

CoppeliaNon proba depender de institución sen ánimo de lucro. Disposición primeira da orde de convocatoria
EstudioNon proba depender de institución sen ánimo de lucro. Disposición primeira da orde de convocatoria
Guillerme BrownNon proba depender de institución sen ánimo de lucro. Disposición primeira da orde de convocatoria
Presto VivaceNon estar inscrita no rexistro de escolas de música. Disposición segunda da orde de convocatoria
Xinzo PonteareasNon estar inscrita no rexistro de escolas de música. Disposición segunda da orde de convocatoria

4800