Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.464

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xullo de 1997 pola que se adxudican axudas económicas para subvenciona-lo funcionamento de escolas de música públicas de poboacións de menos de 50.000 habitantes.

Por Orde do 22 de febreiro de 1997 (DOG do 14 de abril) convocáronse axudas para subvenciona-las actividades desenvolvidas ou que tivesen previsto desenvolver, durante o ano 1997, as escolas de música públicas de poboacións de menos de 50.000 habitantes da Comunidade Autónoma de Galicia.

A comisión constituída segundo establece o punto sétimo da orde de convocatoria, encargada de valora-las solicitudes presentadas, acordou propoñer resolución provisional de adxudicación.

Cumprido o procedemento que sinala o punto oitavo da orde de convocatoria para que os solicitantes puideran alega-lo que estimasen conveniente no seu dereito, valoradas as alegacións presentadas e remitida proposta de resolución definitiva, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar axudas ás escolas de música solicitantes que se relacionan no anexo I a esta orde, nas contías que se sinalan.

Segundo.-Desestima-las solicitudes de axuda das escolas que se relacionan no anexo II a esta orde por non cumpriren os requisitos que establece o punto segundo da orde de convocatoria.

Terceiro.-Para faceren efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do 30 de agosto de 1997, a xustificación completa dos gastos realizados.

3.1. De acordo co apartado décimo da orde de convocatoria, esta xustificación de gastos presentarase en dúas partes: o 70% correspondente a gastos realizados con anterioridade ó 30 de abril de 1997 e o 30% restante, correspondente a gastos realizados ata o 15 de xullo de 1997.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Denominación

da escola

Contía da subvención

ptas.

Arzúa800.000
Barbadás800.000
Caldas800.000
Cambados800.000
Cangas800.000
Cañiza, A600.000
Carballiño, O800.000
Cee650.000
Chantada600.000
Estrada, A800.000
Foz800.000
Gutiriz600.000
Maceda600.000
Marín650.000
Monforte de Lemos600.000
Neves, As800.000
Padrón800.000
Paradela600.000
Pobra de Trives, A600.000
Porriño, O600.000
Quiroga600.000
Redondela600.000
Ribadeo800.000
Silleda800.000
Sober650.000
Valga650.000
Vila de Cruces800.000
Vilgarcía de Arousa800.000

ANEXO II

Denominación

da escola

Causa da exclusión

A Rúa de ValdeorrasNon estar inscrita no rexistro de escolas de música. Disposición segunda orde de convocatoria
BaionaÍdem
CamariñasÍdem
Salceda de CaselasÍdem
SarriaÍdem

5850