Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 01 de agosto de 1997 Páx. 7.466

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Forjas de Galicia, S.A. de Ourense para 1997.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Forjas de Galicia, S.A. (código nº 3200192) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 3-6-1997, subscrito en representación da parte económica, pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, en xuntanza celebrada o día 15-5-1997, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 5 de xuño de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Capítulo I

Disposición xerais

Artigo 1º

As disposicións incluídas no presente convenio regularán desde a súa entrada en vigor, e durante a súa vixencia, as relacións laborais que nel se establecen entre Forjas de Galicia, S.A. e o persoal desta abranguido neste convenio.

Artigo 2º

As condicións deste convenio formarán un só conxunto, polo cal non entrará en vigor ningunha das súas disposicións sen aceptación da súa totalidade.

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta a todo o persoal dos grupos técnicos, administrativos, subalternos e obreiros que

pertencen ó cadro de persoal desta empresa, así como ós de novo ingreso durante a súa vixencia. Queda expresamente excluído o persoal directivo a que fai referencia o artigo 7 da Lei de contratos de traballo, a teor do disposto na Lei de relacións laborais.

O comité de empresa será a única vía de negociación no relacionado co presente convenio colectivo de empresa, no que afecte a todo o persoal encadrado neste convenio.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1997. Terá vixencia dun ano (1 de xaneiro de 1997 a 31 de decembro de 1997).

Entenderase prorrogado tacitamente en períodos dun ano, agás que calquera das partes o denunciase cunha antelación de tres meses, como mínimo, á data de extinción do convenio.

Artigo 5º.-Absorción e compensación de melloras.

As melloras económicas establecidas no presente convenio serán absorbibles ou compensables cos posibles aumentos de retribución que en virtude de disposición oficiais puidesen efectuarse, non soamente por aboamento de igual natureza, senón tamén no seu conxunto.

Artigo 6º.-Repercusión de incrementos nas bases de cotización.

Se por disposicións de rango superior se elevasen as bases de cotización á Seguridade Social, a repercusión económica correspondente afectará a ámbalas partes na proporción que legalmente lles corresponda.

Capítulo II

Xornada de traballo

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo queda establecida para o presente ano 1997 en 1.776 horas de traballo efectivo de forma que a reducción de xornada que isto supón se aplica á confección do calendario favorecendo ó máximo a economía na producción. Dentro do concepto de traballo efectivo enténdese o tempo de 15 minutos de pausa do bocadillo.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dun período de vacacións de 30 días naturais (28 consecutivos e 2 que se determinarán ó establece-lo calendario laboral), con retribución correspondente a salario convenio e maila media do percibido nos últimos tres meses como plus de posto e prima.

En canto ó período do seu desfrute, exclusións e excepcións a este, planificación, etc., aplicarase o disposto sobre a materia no Estatuto dos traballadores.

Dos traballadores que teñan que desfruta-las súas vacacións en distinto período ó fixado no calendario da empresa, terán preferencia na elección do período de vacacións os traballadores de máis antigüidade, alternándose en anos sucesivos esta preferencia de elección.

Artigo 9º.-Calendario e horario de traballo.

A partir do calendario laboral provincial, establecido pola superioridade, anualmente a dirección da empresa establecerá o calendario e horario de traballo, coa intervención que sexa preceptiva do comité de empresa e de forma que se totalicen as horas anuais correspondentes, de acordo co artigo 7º.

O horario de traballo, en principio, queda establecido na forma que se expón, salvando as variacións obrigadas para o reparto das horas laborais de cada ano, ou ben polas necesidades da organización do traballo, neste caso, logo de autorización da Delegación de Traballo, será anunciado oportunamente ó persoal afectado.

Persoal a quendas:

-1ª das 6 ás 14 horas.

-2ª das 14 ás 22 horas.

-3ª das 22 ás 6 horas.

Persoal de horario de día:

Das 8 ás 16.30 horas (de luns a venres).

Horarios especiais. En casos excepcionais, por necesidades da producción, debidos a falta de enerxía, avarías importantes, etc., poderanse establecer esporadicamente outros horarios sen variación da xornada legal pactada.

Artigo 10º.-Traballos en domingos e festivos.

O traballo en domingo e días festivos empeza a contarse desde as 24 horas do día anterior para todo o persoal agás para o persoal a quendas; neste caso contarase a partir das 6 horas do domingo ou festivo ata as 6 horas do día seguinte.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 11º.-Principios xerais.

A organización do traballo é facultade da dirección que a exerce directamente a través dos mandos, tendo en conta as disposición legais vixentes.

Artigo 12º.-Documentación do traballo.

Comprende toda serie de documentos que son necesarios para reflecti-las circunstancias de tempos asignados, investidos, actividades, unidades de traballo efectuado, tempos de espera, paros concedidos, etc. Dada a transcendencia da información que figura nestes documentos para a boa marcha da empresa, a omisión, falseamento ou neglixencia na especificación destes datos, poderá ser considerada como falta grave e a reincidencia dará lugar a aplica-la máxima sanción.

Artigo 13º.-Valoración de estándares e productividade.

Durante o presente ano continuarán os estudios de tempos para fixar, en cada posto, os rendementos normais e óptimos, actualizados de acordo coas variacións de procesos e medios de producción.

Artigo 14º.-Prima directa.

Regularase de conformidade co acordo establecido entre a dirección e o comité de empresa.

Artigo 15º.-Prima indirecta colectiva.

Regularase de conformidade co acordo establecido entre a dirección e o comité de empresa.

Artigo 16º.-Ingreso de persoal.

O ingreso de persoal efectuarase de acordo coas disposicións legais vixentes para esta materia.

Artigo 17º.-Período de proba.

Aplicarase o disposto na regulamentación laboral vixente.

Artigo 18º.-Ascensos.

O sistema de ascensos que se establece no presente convenio estará baseado fundamentalmente na aptitude e capacidade do productor para o desempeño das funcións de cada categoría profesional.

En provisión de vacantes en réxime de ascensos, de cada tres prazas, unha proverase por antigüidade dentro do departamento en que se produza a vacante, agás que se acreditase a carencia de aptitude no traballador e as outras dúas por concurso-oposición, libre para todo o persoal da empresa que deberá realizarse a través de probas teórico-prácticas.

Quedan excluídos desa norma xeral os postos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas, as vacantes dos cales serán cubertas por libre designación da dirección da empresa. Igualmente, queda excluído o persoal de secretaría, e procurarase que esta designación recaia sobre o persoal da empresa.

A empresa anunciará, con antelación suficiente, nunca inferior a 30 días, as vacantes ou postos que se van cubrir, a data na que deberán efectuarse os exercicios, o programa que hai que desenvolver, así como as condicións que se requiran para aspirar a elas; tamén se fara consta-la forma de celebralo e os méritos, títulos e demais circunstancias que sexan pertinentes.

A composición dos tribunais que cualificarán o concurso-oposición, será a seguinte:

-Un presidente e dous vocais, nomeados pola empresa.

-Dous vocais designados pola representación social da empresa.

Para unha maior garantía de que o ascendido a unha categoría profesional superior desempeñará as funcións encomendadas coa máxima eficacia, esta

blécese un prazo de proba que corresponda ó establecido para un productor de novo ingreso da súa categoría.

Artigo 19º.-Ascensos de peóns e auxiliares administrativos.

Os peóns e auxiliares administrativos con máis de cinco anos ó servicio da empresa, ascenderán ás categorías de especialista e oficial 2ª administrativo, respectivamente.

Artigo 20º.-Mobilidade de persoal.

Aplicarase o establecido nas disposicións legais vixentes, se ben nos casos en que fose necesario efectuar mobilidade do persoal por causa da capacidade diminuída do traballador e cando esta tivese a súa orixe nalgunha enfermidade profesional ou accidente de traballo non imputable a el, ou desgaste físico natural, como consecuencia dunha dilatada vida de servicio na empresa, o traballador seguirá percibindo a retribución da súa categoría profesional.

Artigo 21º.-Cambios de quenda.

A empresa ó acorda-los cambios de quenda de acordo coa lexislación vixente terá en conta, ademais, o seguinte:

1. Cando haxa mutuo acordo entre empresa e productor, aplicarase o que ámbalas partes acorden.

2. Procurarase que a quenda de noite sexa o máis restrinxida posible, de xeito que se tenda á saturación do primeiro e do segundo.

3. Agás casos excepcionais, os cambios de quenda notificaranse no taboleiro de anuncios, na tarde do penúltimo día laborable da semana.

4. O persoal operario de producción, maior de 55 anos, gozará de preferencia, sempre que sexa posible, a xuízo da dirección e do comité de empresa, en ocupar postos que traballen a dous relevos (mañá e tarde).

Artigo 22º.-Rexistros de persoal.

En canto ós rexistros de persoal, datos, publicación, etc., a empresa aterase ó especificado sobre esta materia nas disposicións legais vixentes.

Capítulo IV

Retribucións do persoal

Artigo 23º.-Política de salarios.

Forjas de Galicia, S.A. establece que a remuneración do seu persoal ten unha relación directa coa categoría profesional, e coa actividade con que desempeña as funcións encomendadas.

Polo tanto, a retribución normal está composta dunha parte fixa e outra variable.

A parte fixa vén determinada pola categoría profesional á que se asigna o número correspondente á escala e grupo que a define.

Todo o persoal da empresa está clasificado e ten asignado o número correspondente á súa categoría.

A parte variable corresponde fundamentalmente ás retribucións en concepto de prima de producción e/ou productividade e son devengadas en función da actividade individual ou colectiva desenvolvida na execución das tarefas. Tódalas percepcións que por calquera concepto estivesen establecidas con anterioridade ó presente convenio, serán compensables e absorbidas coa retribución anual que se establece nel.

Artigo 24º.-Enumeración das distintas retribucións.

Para efectos do ordenado no Decreto 2308/1973, do 17 de agosto, sobre ordenación do salario, especifícase a seguir a clasificación dos conceptos retributivos do presente convenio de acordo co artigo V do dito decreto.

a) Salario base.

a.1. Xornais e soldos.

b) Complementos persoais.

b.1. Plus de antigüidade.

b.2. Plus de distancia.

b.3. Plus de asistencia e puntualidade.

b.4 Complemento persoal e/ou especial.

c) Complemento de posto de traballo.

c.1. Plus de posto ou responsabilidade.

c.2. Plus de nocturnidade.

c.3. Plus de xefe de equipo.

c.4. Plus de quendas especiais.

d) Complementos por calidade ou cantidade de traballo.

d.1. Complemento convenio.

d.2. Primas de producción e/ou productividade.

d.3. Horas extraordinarias.

e) Vencemento período superior ó mes.

e.1. Gratificacións de xullo e Nadal.

Pola índole do traballo desenvolvido nesta empresa, o concepto de penosidade, toxicidade e perigosidade está incluído na valoración de postos de traballo que serviu para establece-los importes do plus de posto ou responsabilidade, recollidos no anexo III.

Artigo 25º.-Salario base e complemento.

Nos anexos I e IV recóllense os xornais e soldos base (a.1) e mailo complemento convenio (d.1) nos que quedan incluídas as gratificacións extraordinarias de xullo de Nadal (e.1) correspondentes, para o presente convenio, ás categorías profesionais definidas no anexo I.

Artigo 26º.-Plus de antigüidade.

Por cada quinquenio a percepción consistirá nun seis por cento do xornal ou soldo base mailo complemento, isto é do soldo convenio.

Artigo 27º.-Plus de distancia.

Establécese na contía de 1.655 ptas./mes por traballador, por once meses e proporcionalmente ós días traballados.

Artigo 28º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Establécese para todo o persoal, un plus de asistencia e de puntualidade de 1.767 ptas. mensuais que en caso de falta de puntualidade ou asistencia durante un, dous ou tres días ó mes, queda reducido a 1.178, 589 ou 0 ptas., respectivamente.

Artigo 29º.-Plus de posto ou de responsabilidade.

No anexo III establécese o valor por hora efectiva no posto para o plus de posto e no anexo V, o valor mes do plus de responsabilidade para cada unha das categorías establecidas no anexo I.

Artigo 30º.-Plus de nocturnidade.

O plus de nocturnidade aboarase polo 35% do soldo convenio correspondente á totalidade da xornada, cando se traballase durante o período nocturno máis de catro horas e proporcionalmente ás horas traballadas no caso de que o período nocturno de traballo sexa máis dunha hora, sen exceder de catro. Para este efecto considérase como período nocturno, o abranguido entre as 22 e as 6 horas.

Artigo 31º.-Plus de xefe de equipo.

Aboarase o 20% do soldo convenio da categoría correspondente.

Artigo 32º.-Plus de quendas especiais.

Todo traballador que, de común acordo coa empresa, realice quendas cun horario que non coincida nos habituais, percibirá un plus equivalente ó 30% do seu soldo convenio.

Artigo 33º.-Plus de horas extraordinarias.

En materia de horas extraordinarias, aplicarase o disposto nas normas legais aplicables en cada momento.

A empresa facilitará trimestralmente ó comité información sobre as horas extraordinarias realizadas.

Artigo 34º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaránselles a tódolos productores (incluídos os que se encontren no servicio militar) dúas gratificacións equivalentes, cada unha delas, a un mes de salario convenio, plus de posto ou de responsabilidade e antigüidade. Estas gratificacións están incluídas dentro do salario bruto anual, recollido para cada categoría nos anexos II e IV.

As datas de aboamento serán as regulamentarias nos dous casos citados.

Capítulo V

Artigo 35º.-Servicio militar.

Computarase para efectos de antigüidade na empresa o tempo que dure o servicio militar dos traballadores.

Unha vez que o cumprisen, teñen dereito a ocupar un posto na mesma categoría do que desempeñaban ó incorporarse, sempre e cando se reincorporen ó traballo, como máximo, dous meses despois de rematado o servicio militar.

Os traballadores que prestando o servicio militar desfruten de licencias ou permisos non inferiores a quince días poderán reintegrarse ó traballo durante o citado período de tempo, sendo obrigatoria a súa admisión pola empresa, sempre que en ámbolos casos media a oportuna autorización militar para traballar.

O traballador que o desexe, avisando cunha antelación de dez días á súa incorporación a filas, poderá cesar na empresa con sete días de antelación, sen devengar ningún xornal.

Artigo 36º.-Excedencias.

Teñen dereito a que se recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria co alcance, limitacións, incompatibilidades e demais circunstancias que se establecen no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes, aqueles traballadores que leven un mínimo dun ano consecutivo ó servicio da empresa; non poderán facer nova solicitude, por outra soa vez, ata que trancorresen outros dous anos contados desde o remate da anterior.

A duración da excedencia poderá ser entre tres meses e cinco anos.

A petición da excedencia formularase por escrito, tendo que ser resolta ós 15 días da súa formulación.

A concesión de excedencia será obrigatoria ou forzosa, cando teña por orixe o desempeño, polo productor, dun cargo de carácter público, que imposibilite a asistencia ó traballo. Neste caso, a dita excedencia daralle dereito ó productor á conservación do posto e da antigüidade, e o reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador excedente, conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa. Sen prexuízo dos dereitos legais de cada traballador, o comité de empresa, valorando en cada momento a situación global de excedencias, decidirá, conxuntamente coa dirección, sobre o reingreso dos posibles solicitantes.

A dirección de persoal informará ó comité de empresa de tódalas peticións de excedencia que se formulen por parte dos traballadores.

Non poderá acollerse ós beneficios estipulados no presente artigo o persoal que teña contrato de duración determinada.

Artigo 37º.-Permisos retribuídos.

A empresa concederá permiso retribuído, con aboamento do salario convenio, máis antigüidade e plus de posto ou responsabilidade, nos seguintes casos, sempre que estes sexan xustificados.

-Matrimonio: 15 días naturais.

-Parto da muller: tres días naturais, cun mínimo de dous días laborables.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave, de cónxuxe, fillos, pais ou irmáns: tres días naturais ou seis medias xornadas consecutivas.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave, de netos, avós ou pais políticos: dous días naturais.

-Morte do cónxuxe ou fillos: catro días naturais cun mínimo de dous días laborables.

-Morte de pais, irmáns, netos, avós ou pais políticos: tres días naturais.

-Morte de irmáns políticos ou fillos políticos: dous días naturais.

-Morte do irmán do pai ou da nai do traballador: un día natural.

-Matrimonio de irmáns ou fillos: un día natural.

-Traslado do seu domicilio habitual: un día natural.

No caso de que o feito causante ocorrese fóra da provincia, correspondería un día natural máis.

O permiso unicamente poderá utilizarse no momento de producirse o feito causante.

-Por asuntos propios: tres días laborables, non consecutivos, ó ano, sen retribuír e sempre que sexan debidamente xustificados.

Artigo 38º.-Incapacidade laboral transitoria.

O traballador que cause baixa por accidente percibiría o 100 por 100 do salario convenio. En baixa por enfermidade, a percepción correspondente será o 75% deste, e a partir dos dous meses percibirá o 100 por 100, logo de conformidade da dirección e comité de empresa. Así mesmo percibirá estas mesmas porcentaxes sobre a media do plus de posto ou responsabilidade realmente percibido durante os tres meses anteriores.

Cando o absentismo total, deducido o xerado por traballadores con ILT de longa enfermidade (superior a 100 días) e o correspondente a permisos retribuídos reflectidos no artigo 37, ou permisos concedidos previamente, sexa igual ou inferior ó 4,5% computado por meses naturais, no conxunto do per

soal semanal, os traballadores semanais ou mensuais por enfermidade, percibirán, a partir do quinto día de baixa, o 100% do salario ou soldo convenio e a media do plus de posto ou responsabilidade que percibisen realmente os tres meses anteriores. Para estes efectos a aplicación serán en función do absentismo correspondente a cada mes no que se encontre de baixa.

Por outra parte, en casos particulares e considerando o informe médico correspondente, poderá acordarse o aboamento ó traballador do 25% non percibido durante os dous primeiros meses.

Artigo 39º.-Promoción profesional.

A empresa establecerá cursos de formación co fin de adecua-los coñecementos dos seus traballadores ante a crecente evolución tecnolóxica.

A través dos oportunos centros de formación profesional celebraranse cursos de formación e perfeccionamento dos traballadores con carácter gratuíto, para consegui-la promoción profesional e a capacitación social; terase en conta, como mérito, ter superados estes cursos para os ascensos e provisión de vacantes que se produzan no cadro de persoal da empresa.

A empresa outorgaralles ós traballadores que realicen estudios para a obtención dun título profesional, permisos para os exames que terán carácter de retribuídos, logo de xustificación de asistencia a eles.

Perderán este dereito os que sexan suspendidos na metade das disciplinas nas que estean matriculados, considerando como suspensos para estes efectos aquelas nas que non se presentasen a exame.

Non aprobar unha mesma disciplina en dúas convocatorias producirá igualmente a privación destes beneficios.

Naqueles casos que non estean recollidos no presente convenio, aplicarase o disposto na lexislación vixente.

Capítulo VI

Asistencia social

Artigo 40º.-Seguro de vida.

A empresa concerta un seguro de vida en beneficio do seu persoal, sendo por conta dela o pagamento da totalidade da prima.

A póliza cobre, a partir do 1-5-1997, os capitais que figuran no seguinte cadro:

Accidente laboral

ou non laboral

Natural

ou enfermidade

Morte4.300.0001.300.000
Invalidez absoluta e permanente4.300.0001.300.000
Incapacidade profesional total e

permanente

1.300.0001.300.000
Invalidez parcial e permanente% segundo baremo

s/3.000.000

O comité de empresa será o depositario dunha copia de ámbalas pólizas para xeral coñecemento dos dereitos, limitacións e exclusións que nelas se recollen.

Artigo 41º.-Xubilación.

O traballador que ingresase na empresa antes do 1 de xaneiro de 1979 e cumpra os requisitos para acceder á prexubilación pola Seguridade Social, adquirirá, ó cumpri-los 60 anos, o dereito á xubilación, garantíndolle a empresa o 100% da súa percepción bruta correspondente a salario base máis o complemento convenio, antigüidade e plus de posto ou de responsabilidade no momento de xubilarse, isto é, completándolle en cada momento, ata esa porcentaxe, a prestación da Seguridade Social ata a idade de 65 anos; nese momento quedará desligada a empresa dese compromiso.

Os aumentos oficiais de pensións que non afecten á porcentaxe de percepción serán a beneficio do xubilado.

Para o persoal que ingresase a partir do 1 de xaneiro de 1979, cumprirá, para optar nestas condicións á xubilación anticipada, que a súa antigüidade na empresa sexa de, polo menos, 15 anos.

Artigo 42º.-Axuda escolar.

A empresa concederá 2.919.020 pesetas anualmente, en cada mes de setembro, que se distribuirá en bolsas entre os fillos dos traballadores segundo acorde o comité de empresa.

Artigo 43º.-Prestación por nupcialidade.

O persoal fixo da empresa que contraia matrimonio percibirá un premio de nupcialidade de 20.000 pesetas.

Artigo 44º.-Prestación por natalidade.

O persoal fixo percibirá por aumento de familia un premio de natalidade de 10.000 pesetas por cada fillo nacido.

Artigo 45º.-Axuda para comedor.

O persoal con horario de 8.15 a 16.30 horas que efectúe o xantar no comedor da empresa percibirá, por cada día de traballo e comida realizada, unha axuda do 50% do seu importe.

O persoal a quendas, de mañá e tarde, terá por cada día de traballo (luns a venres) unha subvención de 125 pesetas para bocadillo.

Artigo 46º.-Fondo social.

Existe un fondo social para casos de especial necesidade; a súa aplicación e desenvolvemento está acordado entre a dirección e o comité de empresa.

Capítulo VII

Artigo 47º.-Incremento sobre as táboas salariais.

Acórdase un incremento proporcional do 3% que aparece aplicado sobre salario ou soldo convenio (anexos II e IV) e plus de posto ou responsabilidade (anexos III e V).

No caso de que o IPC real de 1997 incrementado en 0,7% superase o 3% aplicado en táboas, acórdase unha revisión salarial igual á diferencia entre o IPC real de 1997 incrementado en 0,7% e o citado 3%. En calquera caso, o incremento do 3% aplicado en táboas maila revisión salarial non poderá supera-lo 3,5% de incremento sobre as táboas do convenio de 1996.

As táboas actualizadas, se é o caso, con esta revisión salarial servirán de base para a negociación de 1998.

Capítulo VIII

Artigo 48º.-Seguridade e saúde.

A vixilancia de seguridade e saúde é competencia do comité de seguridade e saúde, podéndose por parte deste suspenderse a prestación de traballo dos traballadores afectados por riscos de accidente, mediante a comunicación á dirección e comité da empresa e autoridade laboral.

O número de compoñentes do comité de seguridade e saúde será paritario na contía determinada polo número de delegados de prevención.

Os compoñentes da parte social do comité de seguridade e saúde serán os delegados de prevención, designados por e entre os membros do comité de empresa e delegados sindicais.

Artigo 49º.-Comité de empresa e seccións sindicais.

Recoñeceranse os dereitos e garantías establecidas pola lei en favor dos membros do comité de empresa.

Quedan recoñecidas as seccións sindicais da empresa que cumpran as seguintes condicións:

a) Corresponder a centrais sindicais legalizadas.

b) Que agrupen a un número de traballadores equivalentes, como mínimo, ó 10% do cadro de persoal da empresa ou o 15% da representatividade.

Tanto o comité de empresa como as seccións sindicais que cumpran coas condicións mencionadas, disporán de taboleiro de anuncios para as súas publicacións de notas de carácter laboral ou sindical de índole xeral.

Para a publicación de notas relacionadas directamente coa empresa, deberán contar con autorización previa da dirección.

Os membros do comité de empresa desfrutarán de 40 horas mensuais, retribuídas, para o desmpeño das súas funcións de representación.

Poderanse acumula-las horas sindicais nun membro do comité de empresa, afiliado a centrais, para a súa utilización en actividades sindicais.

Así mesmo, as centrais sindicais que agrupen polo menos o 10% do cadro de persoal da empreas, ou o 15% da representatividade, terán dereito a un delegado sindical que deberá ser traballador en activo, desfrutando igualmente de 40 horas mensuais, retribuídas, para o desempeño das súas funcións.

Poderán reunirse nos locais da empresa e fóra das horas de traballo, os traballadores afiliados e con asistencia de dirixentes do sindicato, logo de aviso á dirección da empresa, quen en función das circunstancias determinará os locais máis adecuados para o correcto desenvolvemento da dita reunión.

A pedimento expreso do traballador afiliado a centrais sindicais legalmente constituídas e que ostenten a representación a que se refire este artigo, a empresa descontará, na nómina mensual, o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización de tal operación, remitiralle á dirección de persoal un escrito no que se expresará con claridade, a orde do desconto, a central sindical ou sindicato a que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as anteditas detraccións, agás indicación en contrario, durante períodos dun ano.

En caso de medidas disciplinarias contra membros do comité ou seccións sindicais, actuarase de acordo coa lei, informando simultaneamente ó comité de empresa.

Artigo 50º.-Bilingüismo.

Os informes de carácter xeral que sexan publicados no taboleiro de anuncios da empresa expresaranse nos dous idiomas oficiais, castelán e galego.

Artigo 51º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio na empresa. As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

c) Entender en cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

En caso de non haber acordo, a acta reflectirá os diferentes puntos de vista. En ámbolos casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección da empresa resolverá o que coide conveniente no prazo de oito días, e notificarállelo a aqueles por se deciden acudir, coa súa reclamación, perante a autoridade laboral competente.

A comisión mixta paritaria comporase de oito vocais, catro da parte económica e catro da parte social, así como dous vocais suplentes por cada unha das citadas partes, segundo a relación nominal anexa.

A comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais, previamente convocados e, en segunda convocatoria, o seguinte día hábil cos que asistan, tendo voto inicialmente un número paritario de vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión mixta, de común acordo, poderá utiliza-los servicios ocasionais ou permanentes de asesores en cantas materias sexan da súa competencia.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de acordo sobre o lugar, día e hora en que deberá celebrarse a reunión.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión mixta terán carácter vinculante.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión mixta de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puideran producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 52º.-Competencias do comité de empresa.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselle ó comité de empresa as seguintes funcións:

-Ser informado pola dirección da empresa:

a) Mensualmente sobre a marcha das principais magnitudes da explotación, a saber:

* Horas traballadas, normais e extraordinarias.

* Absentismo.

* Accidentes de traballo.

* Producción.

* Vendas.

* Facturación.

b) Trimestralmente sobre:

* Evolución xeral do sector e dos negocios.

* Carteira de pedidos.

* Programa de producción.

* Evolución de emprego.

c) Anualmente:

A mesma información, cos mesmos documentos, posta a disposición dos accionistas, fundamentalmente:

* Memoria.

* Balance.

* Conta de resultados.

d) Tamén se lles informará sen periodicidade determinada, cando se produzan feitos de importancia para a empresa en xeral e os traballadores en particular.

-Ser informados das sancións e medidas disciplinarias impostas por faltas graves, pola empresa, a calquera traballador.

Os membros do comité de empresa e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en relación coa información recibida, aínda despois de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documentación entregada pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para distintos fins dos que motivaron a entrega.

Capítulo IX

Artigo 53º.-Cláusula adicional primeira.

Conscientes, ámbalas partes, de que as melloras recollidas no presente convenio e as que se poden pactar no futuro, só poderán manterse e mellorarse, de acordo coa rendibilidade da empresa, a parte social comprométese coa dirección a colaborar estreitamente na reducción de desviacións internas, reducción do absentismo, mellora de actividades e de calidade e, en xeral, en todo canto poida significar un mellor rendemento da empresa.

Artigo 54º.-Cláusula adicional segunda.

En todo o non previsto no presente articulado, aplicarase o establecido na lexislación laboral vixente.

ANEXO I

CORRESPONDENCIA ENTRE ESCALAS CONVENIO

E CATEGORÍAS PROFESIONAIS

Escalas

Obreiros:
O2Aprendices
O3Peóns
O4Especialistas
O5Oficiais de 3ª
O6Oficiais de 2ª
O7Oficiais de 1ª

Empregados:
E0Mozo dos recados
E1Persoal de limpeza
E2Ordenanzas
E3Vixilantes
E4Conductores e enfermeiros
E5Auxiliares administrativos e de organización
E6Calcadores e auxiliares de laboratorio
E7Oficiais de 2ª administrativos
E8Técnicos de organización 2ª, delineantes 2ª, analistas 2ª de laboratorio, cronometradores
E9Oficiais 1ª administrativos
E10Técnicos de organización 1ª, delineantes 1ª, analistas 1ª de laboratorio, cronometradores
E11Delineantes proxectistas
E12Encargados
E13Mestres taller e xefes de 2ª administrativos e de organización
E14Xefes de taller e xefes de 1ª administrativos e de organización
E15Titulados

ANEXO II SALARIO CONVENIO

TÁBOA SALARIAL DE OBREIROS

(Xornal base+complemento convenio)

EscalaGrupoPercepción bruta anual

(incluídas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal)

02 (Aprendices)1

2

3

590.708

661.759

732.809

03 (Peóns)1

2

3

1.182.187

1.239.026

1.295.868

04 (Especialistas)1

2

3

1.324.287

1.381.129

1.437.970

05 (Oficial 3ª)1

2

3

1.466.391

1.494.809

1.523.230

06 (Oficial 2ª)1

2

3

1.551.652

1.580.073

1.636.914

07 (Oficial 1ª)1

2

3

1.665.333

1.736.384

1.807.435

ANEXO III PLUS DE POSTO

TÁBOA SALARIAL DE OBREIROS

Sobre horas de traballo efectivo. Nas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal e mes de vacacións, aboarase a media das percepcións por este concepto nos tres meses anteriores).

Nivel

Posto de traballo

Ptas./hora

1996

1Xefes de equipo de forxa

Equipos rotativos de forxa

Pancas de forxa

Estampadores de forxa

Outro persoal en equipos de forxa

161,07

2Ferreiro

Enderezado palieres en forxa

Lavado de matrices

140,12

3Xefes de equipo de corte

Serras, cizallas, corte de palieres

Parque materia prima

Repaso pezas en acabados

Xefes de equipo de mantemento

Mantemento preventivo

Oficiais mecánicos e electricistas de mantemento

Mantemento

Montaxe de ferramentas

Soldadores de matricería

115,10

4Carreteiros en forxa

Resto persoal de mantemento

107,23

5Xefes de equipo de T. térmicos e acabados

Xefes de equipo de matricería

Axustadores

Xefes de equipo de control de calidade en forxa (*)

Xefes de equipo de mecanización

100,95

6Xefes de equipo de control calidade final (*)

Control de calidade de forxa

Magnaflux

Repaso en control final

Soldadura en mecanización

Granallas

97,76
(*) En caso de rotar cos xefes de equipo

de control de calidade de forxa, todos percibirán

100,95 ptas./hora

Nivel

Posto de traballo

Ptas./hora

1996

7Fresadores

Torneiros de matricería

Ferramentistas

Modelistas

Patróns

Control de calidade de utensilios

Resto T. térmicos (todos excepto X. equipo)

Resto control final (todos excepto magnaflux e

repaso) e expedicións

Torneiros de mecanización

Carreteiros, excepto en forxa

Verificadores de mecanización

91,46

8Rectificado

Laboratorio

Engastado de bandas

Proba a presión de proxectís

Fosfatado, pintura e embalaxe de proxectís

85,14

9Vixilante de fornos terceira quenda

Limpeza

78,88

ANEXO IV SOLDO CONVENIO

TÁBOA SALARIAL DE EMPREGADOS

(Soldo base+complemento convenio)

EscalaGrupoPercepción bruta anual

(incluídas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal)

E1 (1/2 xornada) 736.035

E2 (Ordenanzas)1.267.454

E3 (Vixilante)11.381.129
21.437.970

E4 (Chofer enfermeiro)11.494.809
21.523.230
31.551.652

E5 (Aux. Adm. e de Organiz.)11.352.708
21.381.129
31.409.551

E6 (Calcadores e Aux. Labor.)11.352.708
21.437.970
31.523.230

E7 (Ofic. 2ª)11.466.391
21.580.073
31.636.914

E8 (T. Org. 2ª, Dte. 2ª e11.523.230
Anal. 2ª)21.580.073
31.636.914

E9 (Of. 1ª Adm.)11.665.333
21.736.384
31.807.435

E10 (T. Org. 1ª, Dte. 1ª e11.665.333
Anal. 1ª)21.736.384
31.807.435

E11 (Dte. Proxect.)12.205.322
22.397.605

E12 (Encargados)12.092.525
22.167.215
32.239.870

E13 (X. Adm. 2ª e X. Org. 1 (*)2.006.378
2ª, mestre taller)22.264.914
32.337.563

E14 (X. Adm. 1ª e X. taller)12.397.605

E15 (Titulado)11.585.422
22.422.114
32.607.229

(*) O nivel E13-1 só para xefes de 2ª administrativos e de organización.

ANEXO V

TÁBOA SALARIAL DE EMPREGADOS

Plus de responsabilidade

EscalaPlus mensual (x14)Total anual

E1 (œ xornada) 4.767 66.738
E211.101155.414
E312.827179.578
E414.546203.644
E511.812165.368
E611.812165.368
E714.546203.644
E814.546203.644
E916.844235.816
E1016.844235.816
E1125.044350.616
E1223.000322.000
E1324.022336.308
E1425.044350.616
E1526.066364.924

ANEXO VI

COMPOÑENTES DA COMISIÓN MIXTA PARITARIA

De acordo co establecido no artigo 51º do presente convenio, quedan designados vocais da comisión mixta paritaria, os seguintes membros:

Pola dirección da empresa: José Ciria Pintado, Leonardo Espinosa Fernández, Marcos Echeita Sarrionandía, José Luis Prado Fernández, José Benavent Trullenque (suplente), Ramón Sevilla Nieto (suplente).

Por representación dos traballadores: José Luis Lobato Martínez, José Eugenio Lorenzo Alcalde, Inocencio Quevedo Gómez, José Luis Alarcón Andrés, Ignacio Domínguez Carballo (suplente), Manuel Alonso Rodríguez (suplente).

Polo comité: José Luis Lobato Martínez, Antonio Arias Díaz, José L. Alarcón Andrés, Francisco Gómez Soto, Inocencio Quevedo Gómez, José L. Regal Lamelo, Manuel Alonso Rodríguez, José E. Lorenzo Alcalde, Ignacio Domínguez Carballo, José Mª Concheiro Martínez, Epifanio Dafonte Casares, Darío González Fontán, Pedro Ortiz Armesto.

Pola empresa: Rafael García-Iturri López, José Luis Prado Fernández, José Ciria Pintado.

Este convenio foi asinado pola dirección da empresa e a representación dos traballadores, en Ourense o quince de maio de mil novecentos noventa e sete.

5649