Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.414

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 30 de xuño de 1977 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia, no Laboratorio de Consumo de Galicia.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo 1º do título II, o que se entende por prezos privados, cualificándoos como aquelas contraprestacións que obteñan os órganos da administración, entes e organismos autónomos como consecuencia da cesión ou do alleamento de bens ou da prestación de servicios sempre que exista oferta privada concorrente.

A lexislación en materia de consumo, a través principalmente da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa do consumidor e usuario, e da Lei 12/1984, do 28 de decembro, do Estatuto galego do consumidor e usuario, recolle amplamente o dereito do consumidor e usuario á protección da súa saúde e dos seus intereses económicos e sociais.

No cumprimento deste obxectivo, unha das vías que se abren para o Laboratorio de Consumo de Galicia é a de actuar como órgano de apoio para empresas ou organismos preocupados por garanti-la calidade dos productos que ofrecen, así como de particulares que os adquiran, fundamentalmente, no relativo a productos de limpeza, cosméticos e de hixiene, productos téxtiles, xoguetes e material escolar e aparellos eléctricos.

En virtude de todo isto, por proposta do presidente do Instituto Galego de Consumo, organismo autónomo o que está adscrito o Laboratorio de Consumo de Galicia, e logo do informe da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Serán considerados prezos privados as contraprestacións que obteñan os órganos da Administración, entes e organismos autónomos como consecuencia da prestación de servicios sempre que exista oferta privada concorrente.

Artigo 2º

Atendendo ás condicións e circunstancias do mercado, fíxanse os prezos privados, que se van cobrar no Laboratorio de Consumo de Galicia, como consecuencia da contraprestación percibida pola realización das operacións seguintes:

a) Ensaios de tipo físico químico de interese directo na determinación da relación calidade-prezo dos productos, segundo as normas da UNE («Una Norma Española»).

b) As análises microbiolóxicas que condicionan decisivamente a avaliación da calidade de productos cosméticos, observándose que se cumpren os límites microbiolóxicos recomendados pola CTPA («Cosmetics, Toiletry and Perfumery, Associatión, Ltd»).

c) Ensaios eléctricos e mecánicos, que condicionan decisivamente a avaliación da calidade de productos industriais, tales como: aparellos eléctricos, xoguetes e material escolar.

Artigo 3º

Os prezos privados esixiranse de acordo coas tarifas que se conteñan no anexo I, que se xunta á presente orde, e, se é o caso, co IVE incluído.

Artigo 4º

Os ingresos que se produzan, consignaranse no código de ingresos nº K-362500, en cumprimento da orde da Consellería de Economía e Facenda do

29 de xuño do 1994. Así mesmo, á hora de cubri-lo ingreso de auto-liquidación, deberá indicarse o código correspondente ó servicio xestor, que será o 05 para o Instituto Galego de Consumo.

Artigo 5º

O modelo de pagamento, que se vai utilizar para cobra-las análises realizadas no Laboratorio de Consumo de Galicia, entregaráselles ós interesados no citado centro, no momento da solicitude das análises interesadas. Xúntase o citado modelo á presente orde como anexo II.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da s÷a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Prezos das probas

I. Análises comúns a distintos grupos de productos industriais.

1. Etiquetado: 2.200 ptas.

2. Estanquidade: 2.200 ptas.

3. pH de disolucións acuosas (método electroquímico-potenciométrico): 1.000 ptas.

4. Densidade específica: 1.000 ptas.

5. Materia volátil a 105º C: 1.500 ptas.

6. Residuo seco: 1.500 ptas.

7. Contido en auga (Karl-Fischer): 2.200 ptas.

8. Cinzas: 1.800 ptas.

II. Análises de lixivias e outros axentes branqueantes.

9. Cloro activo (volumetría): 2.200 ptas.

10. Alcalinidade total en óxido de sodio (volumetría): 2.200 ptas.

11. Peróxido de hidróxeno (HO) (volumetría) 2.200 ptas.

III. Análises de deterxentes e productos de limpeza.

12. Materia activa aniónica (tensoactivos iónicos) (volumetría): 2.300 ptas.

13. Fosfatos: 2.600 ptas.

14. Axente secuestrante: EDTA (volumetría): 2.200 ptas.

IV. Análises de productos de hixiene e cosméticos.

15. Tipo de emulsión: 1.000 ptas.

16. Estabilidade térmica da emulsión: 1.000 ptas.

17. Estabilidade mecánica da emulsión: 1.000 ptas.

18. Materia activa aniónica: tensoactivos aniónicos (volumetría): 2.300 ptas.

19. Piritionato de cinc (volumetría): 2.200 ptas.

20. Piroctone olamina (absorciometría): 2.600 ptas.

21. Ácido tioglicólico (volumetría): 2.200 ptas.

22. Ácidos graxos (cromatografía de gases): 5.300 ptas.

23. Disolventes (cromatografía de gases): 5.300 ptas.

Calidade microbiolóxica dos cosméticos.

24. Reconto de aerobios mesófilos totais: 3.200 ptas.

25. Reconto de mofos levaduras totais: 3.200 ptas.

26. Reconto de Candida albicans: 3.200 ptas.

27. Reconto de coliformes totais: 3.200 ptas.

28. Reconto de Pseudomonas aeruginosa: 3.200 ptas.

29. Reconto de Staphylococcus aureus: 3.200 ptas.

V. Análises de metais pesados en xoguetes, material escolar e outros productos industriais.

30. Arsénico (absorción atómica): 5.600 ptas.

31. Antimonio (absorción atómica): 5.600 ptas.

32. Bario (absorción atómica): 3.600 ptas.

33. Cadmio (absorción atómica): 3.600 ptas.

34. Cromo (absorción atómica): 3.600 ptas.

35. Chumbo (absorción atómica): 3.600 ptas.

36. Mercurio (absorción atómica): 5.600 ptas.

VI. Ensaios de productos téxtiles.

37. Identificación de fibras téxtiles: 2.200 ptas.

38. Gramaxe: peso por metro cuadrado: 2.000 ptas.

39. Tex: 2.000 ptas.

40. Densidade dos tecidos: nº fíos/cm: 2.000 ptas.

41. Ligamento de tecidos 2.200 ptas

42. Valoración de mesturas: idetificación e separación química 3.600 ptas.

43. Estabilidade dimensional ó lavado en auga fría: 2.700 ptas.

44. Estabilidade dimensional ó pranchado: 2.700 ptas.

45. Envellecemento acelerado: humidade: 2.600 ptas.

46. Envellecemento acelerado: temperatura: 2 600 ptas.

47. Solidez da tinguidura ó lavado: 5.600 ptas.

48. Solidez da tinguidura ó lavado en seco: 5.600 ptas.

49. Solidez da tinguidura ós axentes de branqueo: 5.600 ptas.

50. Solidez da tinguidura ós tratamentos térmicos: 5.600 ptas.

VII. Seguridade dos xoguetes: (UNE 93-011/89 ou EN 71).

Parte 1: propiedades físicas e mecánicas.

51. Flexibilidade dos arames: 2.200 ptas.

52. Resistencia dos elementos de protección á tracción: 1.500 ptas.

53. Resistencia ás caídas: 1.500 ptas.

54. Resistencia estática: 1.700 ptas.

55. Resistencia dinámica: 3.600 ptas.

56. Estabilidade: 2.200 ptas.

57. Freado: 2.900 ptas.

58. Resistencia das randeeiras suspendidas: 8.600 ptas.

59. Estabilidade dos xoguetes pesados: 2.200 ptas.

60. Elevación de temperatura: 4.300 ptas.

61. Proxectís: 2.200 ptas.

62. Imitación de equipos de protección: 1.700 ptas.

63. Ensaio de tracción de costuras: 2.200 ptas.

64. Resistencia dos xoguetes: 1.500 ptas.

65. Xoguetes pequenos e elementos desmontables: 1.500 ptas.

66. Materias expandibles: 3.600 ptas.

67. Accesibilidade dunha parte ou dun elemento dun xoguete: 2.800 ptas.

68. Bordos: 2.800 ptas.

69. Extremos puntiagudos: 2.800 ptas.

70. Mecanismos pregables: 2.800 ptas.

71. Elementos non desmontables: 2.800 ptas.

72. Forma xeométrica dos axóuxeres e dos mordedores para nenos menores de 36 meses: 1.500 ptas.

73. Rotura de mordedores: 2.200 ptas.

74. Marcas e modos de emprego: 2.200 ptas.

Parte 2: inflamabilidade.

75. Ensaios de barbas, bigotes, perrucas e máscaras: 7.100 ptas.

76. Ensaio de máscaras totais ou parciais que inclúen ou non elementos pilosos: 7.100 ptas.

77. Ensaios relativos a traxes de disfraces: 8.600 ptas.

78. Ensaios relativos a xoguetes flexibles recheos con superficie pilosa ou téxtil: 7.100 ptas.

79. Marca e indicación: 2.200 ptas.

80. Ensaio relativos a xoguetes flexibles recheos con superficie pilosa ou téxtil: 7.100 ptas.

Parte 3: migración de certos elementos.

81. Xoguete simple (unha soa cor): 34.400 ptas.

82. Xoguete medio (dúas cores): 51.600 ptas.

83. Xoguete complexo (máis de dúas cores): 77.400 ptas.

Parte 4: xogos de experimentos químicos.

84. Xoguete simple: 25.800 ptas.

85. Xoguete complexo: 43.000 ptas.

VIII. Propiedades eléctricas (UNE-EN 60335/2-22).

86. Corrente de cortocircuítos de pilas: 2.200 ptas.

87. Marcas, indicacións, folla de instruccións: 2.200 ptas.

88. Durabilidade das marcas e indicacións: 1.500 ptas.

89. Arrinque dos aparellos con motor: 2.200 ptas.

90. Potencia e intensidade absorbidas: 2.800 ptas.

91. Quentamentos: 12.900 ptas.

92. Funcionamento con sobrecarga dos aparellos provistos de elementos calefactores: 21.500 ptas.

93. Illamento eléctrico: 4.300 ptas.

94. Resistencia á humidade de aparellos ordinarios: 5.700 ptas.

95. Resistencia á humidade de aparellos expostos ó rebordamento de líquidos: 8.600 ptas.

96. Resistencia á humidade aparellos protexidos contra as caídas de auga verticais e contra as proxeccións de auga: 12.900 ptas.

97. Resistencia á humidade de aparellos estancos á inmersión: 17.200 ptas.

98. Resistencia ó illamento: 2.200 ptas.

99. Rixidez dieléctrica: 2.200 ptas.

100. Endurancia: 17.200 ptas.

101. Funcionamento anormal de xoguetes con elementos calefactores: 10.800 ptas.

102. Funcionamento anormal de xoguetes con motor e partes asociadas: 4.300 ptas.

103. Estabilidade e perigos mecánicos: 1.500 ptas.

104. Resistencia mecánica: 2.200 ptas.

105. Construcción: 8.600 ptas.

106. Cables interiores: 2.900 ptas.

107. Xeradores sobre compoñentes: 8.600 ptas.

108. Parafusos e conexións: 4.300 ptas.

109. Liñas de fuga distancia no aire: 2.800 ptas.

110. Funcionamento térmico dos termóstatos: 12.900 ptas.

111. Funcionamento térmico dos limitadores de temperaturas: 8.600 ptas.

112. Cortocircuítos térmicos e relés de máxima intensidade: 2.200 ptas.

Electrodomésticos en xeral: (UNE-EN 60335/1).

113. Marcas indicacións e follas de instruccóns: 2.200 ptas.

114. Durabilidade da marca e indicacións: 1.500 ptas.

115. Protección contra os choques eléctricos: 8.600 ptas.

116. Arrinque dos aparellos con motor: 5.700 ptas.

117. Potencia e intensidade absorbidas: 2.800 ptas.

118. Quentamentos: 12.900 ptas.

119. Funcionamento en sobrecarga dos aparellos provistos de elementos calefactores: 17.200 ptas.

120. Illamento eléctrico e corrente de fuga a temperatura de réxime: 8.600 ptas.

121. Resistencia á humidade de aparellos ordinarios: 5.700 ptas.

122. Resistencia á humidade de aparellos expertos ó desbordamento de líquidos: 8.600 ptas.

123. Resistencia á humidade protexidos contra as caídas de auga verticais e contra a proxección de auga: 12.900 ptas.

124. Resistencia á humidade de aparellos estancos á inmersión: 17.200 ptas.

125. Resistencia ó illamento: 4.300 ptas.

126. Rixidez dieléctrica: 4.300 ptas.

127. Endurancia: 17.200 ptas.

128. Funcionamento anormal de aparellos con elementos calefactores: 17.200 ptas.

129. Funcionamento anormal de aparellos con motor e partes asociadas: 2.800 ptas.

130. Estabilidade e perigos mecánicos: 4.300 ptas.

131. Resistencia mecánica: 2.800 ptas.

132. Construcción: 51.600 ptas.

133. Cables internos: 8.600 ptas.

134. Xeneralidades sobre compoñentes: 12.900 ptas.

135. Conexión á rede de cables flexibles exteriores: 12.900 ptas.

136. Bordos para conductores exteriores: 8.600 ptas.

137. Dispositivos para a posta a terra: 5.700 ptas.

138. Parafusos e conexións: 5.700 ptas.

139. Liñas de fuga, distancias no aire e distancias a través do illamento: 12.900 ptas.

140. Protección contra a oxidación: 8.600 ptas.

141. Funcionamento térmico dos termóstatos: 12.900 ptas.

142. Funcionamento térmico dos limitadores de temperatura: 8.600 ptas.

143. Cortocircuítos térmicos e relés de máxima intensidade: 8.600 ptas.

Pilas e acumuladores (normas UNE de obrigado cumprimento).

144. Dimensións: 4.300 ptas.

145. Órganos de conexión: 2.800 ptas.

146. Marcado: 2.200 ptas.

147. Condicións xerais de fabricación: 2.200 ptas.

148. Condicións xerais de ensaio: 17.200 ptas.

149. Determinación de cadmio e mercurio: 17.200 ptas.

Aparellos eléctricos (norma UNE de obrigado cumprimento).

150. Marcas e indicacións: 2.200 ptas.

151. Verificación das dimensións: 12.900 ptas.

152. Protección contra os choques eléctricos: 8.600 ptas.

153. Dispositivos de posta a terra: 5.700 ptas.

154. Bornes: 17.200 ptas.

155. Construcción: 17.200 ptas.

156. Resistencia ó envellecemento: 5.700 ptas.

157. Resistencia á humidade: 8.600 ptas.

158. Resistencia ó illamento: 2.800 ptas.

159. Resistencia mecánica: 8.600 ptas.

160. Resistencia á calor: 12.900 ptas.

161. Parafusos, partes conductoras da corrente e conexións: 17.200 ptas.

162. Liñas de fuga e distancias no aire: 5.700 ptas.

163. Características normais do cable: 2.800 ptas.

164. Identificación de conductores do cable: 5.700 ptas.

165. Constitución do cable: 5.700 ptas.

166. Ensaios eléctricos do cable: 12.900 ptas.

167. Ensaios mecánicos do cable: 12.900 ptas.

168. Ensaios mecánicos do illamento do cable: 17.200 ptas.

169. Clasificación: 2.800 ptas.

170. Mecanismos 17.200 ptas.

171. Quentamentos: 8.600 ptas.

172. Poder de cerramento e de corte: 17.200 ptas.

173. Oxidación: 5.700 ptas.

5907