Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de xullo de 1997 pola que se modifica o Regulamento da denominación de orixe Ribeira Sacra e do seu consello regulador.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 139, do 21 de xullo de 1997, é necesario corrixi-lo punto 1 do artigo único por estar incompleto, quedando redactado na súa totalidade da seguinte forma:

1. Artigo 4º, apartado 1, lebra b:

«Subzona de Chantada: abrangue as parroquias que se citan dos seguintes municipios:

-Municipio de Carballedo: Erbedeiro, Chouzán, San Xoán da Cova, Oleiros e Temes.

-Municipio de Chantada: Pedrafita, Pesqueiras, San Fiz de Asma, Belesar, San Pedro de Líncora, Camporramiro, Santiago de Arriba, A Sariña, Nogueira e Sabadelle.

-Municipio de Taboada: Sobrecedo, Castelo, Insua, San Xulián, Insua San Salvador, Mourulle e Xián.

-Municipio da Peroxa: San Xes, Graíces, Carracedo, Celaguantes, Beacán e Os Peares».

5949