Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1997 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen no anexo II e III desta resolución, respectivamente.

2. Naqueles cursos que conten con varias edicións presentarase unha soa instancia e para unha única localidade.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

4. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no precitado anexo I.

5. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da Escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias reco

llidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se utilizarán serán os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994).

2. Nos cursos que conten con varias edicións terá preferencia na selección efectuada para cada unha das localidades programadas o persoal que desempeñe o seu posto de traballo nelas.

3. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán, e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos, sen prexuízo de que, se é o caso, a Escola Galega de Administración Pública poida fixa-la realización daquelas probas ou controis que considere oportunos para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos ou ben poida requeri-la realización dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, se ben a falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados a fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada

á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

-Curso: xeral de contratación administrativa (6 edicións).

1. Obxectivos:

Actualizar e profundizar nos coñecementos adquiridos neste campo á luz da nova normativa sobre contratación pública.

2. Destinatarios:

Persoal pertencente ós grupos funcionariais A, B e C e laborais I, II e III ó servicio da Xunta que no seu posto de traballo desenvolva cometidos en materia de contratación administrativa.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o vindeiro día 15 de setembro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas de realización: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 15, 16, 20, 21, 22, 23, 27 e 28 de outubro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.3. Número de prazas: 30 por curso.

5. Contido básico:

Principios xerais. Actuacións previas. O contrato de obras. O contrato de servicios públicos. O contrato de subministracións. Outros tipos de contratos.

-Curso: a normativa laboral. O convenio colectivo único para o persoal da Xunta de Galicia.

1. Obxectivos:

Profundizar no coñecemento da normativa laboral vixente, con especial atención á normativa autonómica.

2. Destinatarios:

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II, que desempeñan postos de traballo nos que leven a cabo funcións relacionadas co contido do curso.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o vindeiro día 10 de novembro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas de celebración: Santiago de Compostela, os días 9, 10, 11, 15, 16, 17 e 18 de decembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20.30 horas.

4.4. Número de prazas: 25.

5. Contido básico:

A normativa laboral. As modificacións producidas na contratación laboral. O réxime da Seguridade Social e o cálculo das pensións. As empresas de traballo temporal e a súa relación coa Administración Pública. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta. O Servicio Galego de Colocación.

-Curso: A normativa laboral. O convenio colectivo único para o persoal da Xunta.

1. Obxectivos:

Adquirir coñecementos sobre a normativa laboral vixente con especial atención á normativa autonómica.

2. Destinatarios:

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV, que desempeñan postos de traballo, nos que desenvolvan cometidos relacionadas co contido do curso.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o vindeiro día 10 de novembro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar e datas de realización: Santiago de Compostela, os días 9, 10, 11, 15, 16, 17 e 18 de decembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20.30 horas.

4.4. Número de prazas: 25.

5. Contido básico:

Achegamento á normativa laboral. A contratación laboral. O sistema de Seguridade Social. As empresas de traballo temporal. O convenio colectivo único do persoal da Xunta. O Servicio Galego de Colocación.

-Curso: perfeccionamento do persoal de habilitación de gastos.

1. Obxectivos:

Análise das funcións e cometidos propios das unidades de habilitación.

2. Destinatarios:

Habilitados das consellerías e organismos autónomos.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o vindeiro día 27 de outubro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas de celebración: Santiago de Compostela, os días 25, 26 e 27 de novembro e 1, 2, 3 e 4 de decembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Número de prazas: 30.

5. Contido básico:

Xestión orzamentaria: principios básicos. Xestión de gastos: esquema xeral do procedemento. Os gastos menores. Réxime de pagamentos: pagamentos en firme.

Provisión de fondos: anticipos de caixa fixa e pagamentos para xustificar.

-Curso: elaboración de disposicións de carácter xeral: a técnica normativa (2 edicións).

1. Obxectivos:

Mellora-la calidade na elaboración das normas xurídicas.

2. Destinatarios:

Funcionarios dos grupos A e B e laborais I e II, licenciados en dereito, que desempeñen con carácter definitivo ou provisional, postos de traballo nos servicios técnico-xurídicos das consellerías ou organismos autónomos.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando para a 1ª edición do curso ó 5 de setembro e para a 2ª edición o 15 de setembro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas de realización:

-1ª edición: Santiago de Compostela os días 17, 18, 22, 23, 24, 25, 29 e 30 de setembro.

-2ª edición: Santiago de Compostela os días 1, 2, 6, 7, 8, 9, 13 e 14 de outubro.

4.3. Horarios: de 17 a 21 horas.

4.4. Número de prazas: 30 por edición.

5. Contido básico:

O proceso de elaboración e aprobación da normativa na Xunta de Galicia. A remisión dos anteproxectos de leis ó Parlamento e a súa aprobación posterior. A publicidade das normas xurídicas. Técnica normativa: conceptos, principios e aplicación práctica.

-Curso: Iniciación á informática: o procesador de textos (sete edicións).

1. Obxectivos:

Facilitar uns coñecementos básicos de informática, con especial atención ás posibilidades que ofrece o tratamento de textos na realización de tarefas administrativas.

2. Destinatarios:

O persoal de administración da Xunta de Galicia.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o día 5 de setembro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas de realización:

-Santiago de Compostela os días 15, 16, 17, 18, 22, 23, 24, 25, 29 e 30 de setembro; 1, 2 e 6 de outubro.

-A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol de setembro a decembro por determinar.

4.3. Horarios: de 17.30 a 20.30 horas.

4.4. Número de prazas: 20 por edición.

5. Contido básico:

Arquitectura dun ordenador. Estructura do sistema operativo. Estructura dos discos. Creación e edición de documentos. Tipos de letra e impresión de documentos. Fusións con bases de datos, mailings, etiquetas.

-Curso: xestor de bases de datos relacionais (sete edicións).

1. Obxectivos:

Proporcionar uns coñecementos introductorios no manexo do xestor de bases de datos relacionais.

2. Destinatarios:

Persoal de administración da Xunta de Galicia, que teña coñecementos previos do sistema operativo.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando para a edición de Santiago de Compostela o 15 de setembro e para o resto das edicións o 5 de setembro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugares e datas de celebración:

-Santiago de Compostela os días 7, 8, 9, 13, 14, 15, 16, 20, 21 e 22 de outubro.

-A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol: de setembro a decembro por determinar.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Número de prazas: 20 por edición.

5. Contido básico:

Conceptos sobre bases de datos. Creación, actualización e ordenación dunha base de datos. Deseño de etiquetas e informes.

-Curso: xestión de persoal.

1. Obxectivos:

Proporcionar uns coñecementos básicos en materia de xestión do persoal das administracións públicas.

2. Destinatarios:

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV, destinados en unidades de recursos humanos da administración da Xunta de Galicia.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o vindeiro día 15 de setembro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugares e datas de celebración: Santiago de Compostela, os días 15, 16, 20, 21, 22, 23, 27 e 28 de outubro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Número de prazas: 25.

5. Contido básico:

Introducción ó tema. O persoal ó servicio das administracións públicas. Réxime xurídico e características de xestión dos diferentes tipos de persoal.

-Curso: xestión orzamentaria.

1. Obxectivos:

Acadar unha mellora nos coñecementos xerais adquiridos en materia de xestión orzamentaria.

2. Destinatarios:

Persoal dos grupos funcionariais A e B e laborais I e II, que no desempeño do seu posto de traballo exerzan competencias en materias de xestión orzamentaria.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o vindeiro día 30 de setembro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugares e datas de celebración: Santiago de Compostela, os días 29 e 30 de outubro; 3, 4, 5, 6, 10 e 11 de novembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Número de prazas: 25.

5. Contido básico:

O orzamento. Concepto. Características. O orzamento da Comunidade Autónoma. Xestión e execución do orzamento da Comunidade Autonóma. Modificacións orzamentarias. Execución do orzamento e Lei de contratos das administracións públicas. Procedementos especiais de xestión do gasto público. Liquidación e peche do orzamento. Control do gasto público.

-Curso: xestión orzamentaria.

1. Obxectivos:

Proporcionar uns coñecementos básicos no campo da xestión orzamentaria.

2. Destinatarios:

Persoal dos grupos funcionariais C e D e laborais III e IV, que desenvolvan no seu posto de traballo cometidos relacionados coa xestión orzamentaria.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o vindeiro día 13 de outubro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugares e datas de celebración: Santiago de Compostela, os días 12, 13, 17, 18, 19, 20, 24 e 25 de novembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Número de prazas: 25.

5. Contido básico:

Introducción ó orzamento da Comunidade Autónoma. Conceptos xerais da execución e xestión orzamentaria. Modificacións orzamentarias. Liquidación e peche do orzamento. Control do gasto público.

-Curso: Procedemento administrativo sancionador (cinco edicións).

1. Obxectivos:

Unificar criterios e perfecciona-los métodos legais de actuación de acordo co establecido nas distintas normas sancionadoras.

2. Destinatarios:

Persoal da administración da Xunta de Galicia con responsabilidade directa na tramitación e supervisión dos procedementos sancionadores que incoar no seu ámbito de actuación.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o vindeiro día 13 de outubro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas de celebración: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra os días 12, 13, 17, 18, 19, 20 e 24 de novembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Número de prazas: 30 por edición.

5. Contido básico:

O procedemento sancionador. O prego de cargos. A audiencia do interesado. A gradación da sanción. A execución da sanción: a multa, o comiso, a retirada da licencia...

-Curso: réxime xurídico das axudas (cinco edicións).

1. Obxectivos:

Unificar criterios e perfeccionar métodos legais de actuación de acordo co establecido nas distintas normas de axudas.

2. Destinatarios:

Persoal da Xunta de Galicia con responsabilidade directa na tramitación e xestión de axudas e subvencións.

3. Prazo de presentación de instancias: comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, rematando o vindeiro día 20 de outubro.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas de celebración: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra os días 25, 26 e 27 de novembro; 1, 2, 3 e 4 de decembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Número de prazas: 30 por edición.

5. Contido básico.

O procedemento das subvencións e a súa concesión. O pagamento das axudas. O control das subvencións. As subvencións no orzamento público.

ANEXO III

D secretario xeral/delegado

provincial/responsable dos servicios de persoal na consellería/delegación provincial de,

CERTIFICO:

Que Don/a, no desempeño

do seu posto de traballo de realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso solicitado.

, ......... de........... de 1997.

Asdo.:......................................

5950