Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 31 de xullo de 1997 Páx. 7.424

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1997 pola que se convocan varios cursos de linguaxe administrativa dentro do programa de formación continua.

Dentro do programa de formación continua da EGAP para 1997, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases xerais e específicas:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nestes cursos deberá solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria, e cubrir tódolos epígrafes. Só se poderá solicitar un curso e nunha soa localidade.

As solicitudes, xunto coa documentación que proceda, enviaranse á EGAP, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, no das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias remata o día 9 de setembro de 1997.

Terceira.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso.

A lista dos seleccionados publicarase nos taboleiros de anuncios da EGAP, do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e no da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública que corresponda.

Cuarta.-Asistencia, probas e certificacións.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen excede-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición da certificación a que se refire o parágrafo seguinte.

Só se outorgará un certificado de aproveitamento ós alumnos asistentes que superen as probas que determine a EGAP de acordo co profesorado.

Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Quinta.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir. Tamén se reserva a facultade de anular un curso se o escaso nº de solicitudes non xustificase a súa realización.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: linguaxe administrativa para o persoal dos grupos A e B (12 cursos).

1. Obxectivos: o curso ten por obxectivo o estudio e a aprendizaxe da linguaxe administrativa, con especial atención ás peculiaridades do idioma galego.

2. Destinatarios: o curso vai dirixido ó persoal de Administración dos grupos A e B ou asimilados da Xunta de Galicia, Consello Consultivo, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas, que estea en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega. Esta circunstancia deberá acreditarse no momento de solicita-lo curso presentando o orixinal ou copia compulsada deste certificado. Absteranse de solicitalo as persoas que xa teñan outro certificado de asistencia ou aproveitamento doutro curso de linguaxe xurídica ou administrativa.

Para poder realizarse un curso nunha localidade será preciso contar con 10 participantes como mínimo. De non acadarse esta cifra, a EGAP poderá realiza-lo curso noutra localidade onde haxa unha demanda maior; neste caso terán preferencia os devanditos alumnos que non conseguiron que se organizase na súa localidade.

3. Selección: a selección efectuarase en dúas fases: na primeira preseleccionarase o dobre de candidatos das prazas convocadas en cada localidade polo procedemento ordinario da EGAP (menor número de cursos e maior antigüidade na Administración). Na segunda fase as prazas convocadas cubriranse entre os candidatos anteriores que superen unha proba de nivel de coñecemento de galego. A proba de nivel terá lugar o día 1 de outubro, ás 17 horas, no lugar que se indicará nos taboleiros de anuncios da EGAP e das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 36 horas.

4.2. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.3. Prazas: 25 por curso.

4.4. Localidades, grupos, datas:

LocalidadesGruposDatas

A CoruñaA, B

A, B

Outubro: 13-16, 20-23, 27-30

Novembro: 10-13, 17-20, 24-27

LugoA, B

A, B

Outubro: 13-16, 20-23, 27-30

Novembro: 10-13, 17-20, 24-27

OurenseA, B

A, B

Outubro: 13-16, 20-23, 27-30

Novembro: 10-13, 17-20, 24-27

PontevedraA, B

A, B

Outubro: 13-16, 20-23, 27-30

Novembro: 10-13, 17-20, 24-27

Santiago de CompostelaA, B

A, B

Outubro: 13-16, 20-23, 27-30

Novembro: 10-13, 17-20, 24-27

VigoA, B

A, B

Outubro: 13-16, 20-23, 27-30

Novembro: 10-13, 17-20, 24-27

5. Contido: a linguaxe administrativa. A linguaxe administrativa galega. O estudio de documentos administrativos.

Curso: linguaxe administrativa para o persoal dos grupos C, D e E (12 cursos).

1. Obxectivos: o curso ten por obxectivo o estudio e a aprendizaxe da linguaxe administrativa, con especial atención ás peculiaridades do idioma galego.

2. Destinatarios: o curso vai dirixido ó persoal de Administración dos grupos C, D, E ou asimilados da Xunta de Galicia, Consello Consultivo, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Consello de Contas, que estea en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega. Esta circunstancia deberá acreditarse no momento de solicita-lo curso presentando o orixinal ou copia compulsada deste certificado.

Para poder realizarse un curso nunha localidade será preciso contar con 10 participantes como mínimo. De non acadarse esta cifra, a EGAP poderá realiza-lo curso noutra localidade onde haxa unha demanda maior; neste caso terán preferencia os devanditos alumnos que non conseguiron que se organizase na súa localidade.

3. Selección: a selección efectuarase en dúas fases: na primeira preseleccionarase o dobre de candidatos das prazas convocadas en cada localidade polo procedemento ordinario da EGAP (menor número de cursos e maior antigüidade na Administración). Na segunda fase as prazas convocadas cubriranse entre os candidatos anteriores que superen unha proba de nivel de coñecemento de galego. A proba de nivel terá lugar o día 1 de outubro, ás 17 horas, no lugar que se indicará nos taboleiros de anuncios da EGAP e das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.3. Prazas: 30 por curso.

4.4. Localidades, grupos, datas:

LocalidadesGruposDatas

A CoruñaC, D, E

C, D, E

Outubro: 13-16, 20-23, 27-28

Novembro: 10-13, 17-20, 24-25

LugoC, D, E

C, D, E

Outubro: 13-16, 20-23, 27-28

Novembro: 10-13, 17-20, 24-25

OurenseC, D, E

C, D, E

Outubro: 13-16, 20-23, 27-28

Novembro: 10-13, 17-20, 24-25

PontevedraC, D, E

C, D, E

Outubro: 13-16, 20-23, 27-28

Novembro: 10-13, 17-20, 24-25

Santiago de CompostelaC, D, E

C, D, E

Outubro: 13-16, 20-23, 27-28

Novembro: 10-13, 17-20, 24-25

VigoC, D, E

C, D, E

Outubro: 13-16, 20-23, 27-28

Novembro: 10-13, 17-20, 24-25

5. Contido: a linguaxe administrativa. A linguaxe administrativa galega. O estudio de documentos administrativos.

6091