Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes incoados por infracción á Lei de pesca fluvial, P-130/96, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

Lugo, 25 de xuño de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-130/96.

Denunciado: José Manuel Varela Vilanova.

DNI: 33.851.192.

Último enderezo coñecido: rúa dos Gardas, 47-1º, Lugo.

Feitos imputados: adicarse ó deporte da pesca con cana, carecendo de licencia de pesca. Feitos acontecidos o 28-4-1996 no río Sª Euxea-Guntín.

Cualificación da sanción: leve.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992.

Sanción: 15.000 ptas. de multa.

Artes comisadas: atópanse na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo; pode pasar a recollelas cando considere oportuno.

5715