Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador en materia de caza que se cita, devolto polo servicio de correos (expediente C-58/96).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei de caza do 4 de abril de 1970 e ó Regulamemto para a súa execución do 25 de marzo de 1971 (BOE 30-3-71).

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta

publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

Lugo, 25 de xuño de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-58/96.

Denunciado: Javier González Méndez.

DNI: 33.346.139.

Ultimo enderezo coñecido: Robledo-Donís-Cervantes-Lugo.

Feitos imputados: non impedir que un can vague sen control por terreo cinexético de réxime especial. Feitos constatados o 15-7-1996 na reserva de caza dos Ancares.

Preceptos infrinxidos: artigos 48.2.24 do Regulamento de caza.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 3.000 ptas. de multa e 1.000 ptas. en substitución do comiso dun can.

5617