Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial que se citan, devoltos polo servicio de correos (expediente P-23/97 e nove máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1992), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, funcionaria da delegación provincial, que poderá ser recusado en calquera momento do expediente, de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarense alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 25 de xuño de 1997.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-23/97.

Denunciado: Abel Voces Rodríguez (DNI 10.020.250).

Último enderezo coñecido: r/ Vila Real 7-1º D, Ourense.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca en época de veda. Feitos constatados o día 9-3-1997 no encoro dos Peares-río Miño-Pantón-Lugo.

Precepto sancionador: 34.8º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa e 6.000 ptas. de indemnización por danos e perdas.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

Artes comisadas: devolución logo do aboamento da sanción; están depositadas no posto da Garda Civil de Pantón.

-Expediente nº: P-26/97.

Denunciado: Santiago Cuña Puga (DNI 34.975.532).

Último enderezo coñecido: r/ Javier Prado Lameiro, 2-2º, Ourense.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca en época de veda. Feitos constatados o día 9-3-1997 no encoro dos Peares-río Miño-Carballedo-Lugo.

Precepto sancionador: 34.8º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa e 47.700 ptas. de indemnización por danos e perdas.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

Artes comisadas: devolución logo do aboamento da sanción; están depositadas no posto da Garda Civil de Pantón.

-Expediente nº: P-63/97.

Denunciado: Eduardo Antolín Novoa (DNI 34.531.000).

Último enderezo coñecido: r/ Xoán XXIII, 14-7º d, Ourense.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca en zona hábil para o efecto, cebando as augas con fins de pesca utilizando penso granulado. Feitos constatados o día 21-3-1997 no río Miño-encoro de Belesar (marxe dereita), lugar de Sabadelle-Chantada.

Precepto sancionador: 34.14º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

Artes comisadas: devolución logo do aboamento da sanción; están depositadas na oficina de Seprona en Monforte de Lemos.

-Expediente nº: P-55/97.

Denunciado: Fermín López Diéguez (DNI 35.167.949).

Último enderezo coñecido: r/ Miguel Hernández, 6-2ºD, Corvera-Asturias.

Feitos imputados: non respecta-las limitacións de tamaño, infrinxindo a Orde do 17-2-1997 (DOG

do 26-2-1997) e fixadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ó ter pescado unha troita de tamaño inferior ó regulamentario (17 cm). Feitos constatados o día 23-3-1997, no río Lamas-A Fonsagrada.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa e 3.000 ptas. de indemnización por danos e perdas.

-Expediente nº: P-77/97.

Denunciado: Antonio López Rodríguez (DNI 76.561.137).

Último enderezo coñecido: r/ Fonteculler Bq. 5-5, Culleredo-A Coruña.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca sen respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Orde do 17-2-1997 (DOG do 26-2-1997) da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ó ter capturado 6 troitas de tamaño inferior ó regulamentario. Feitos constadados o 29-3-1997 no río Lamas-A Fonsagrada.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa e 5.000 ptas. de indemnización por danos e perdas.

-Expediente nº: P-124/97.

Denunciado: José Manuel Rivas Lamas (DNI 33.318.203).

Último enderezo coñecido: r/ Castelao 35, Cospeito-Lugo.

Feitos imputados: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor, tendo esta caducada desde o 22-4-1997, capturando unha troita; feitos constatados o 4-5-1997 no río Miño, Sª Isabel-Outeiro de Rei.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa e 5.000 ptas. de indemnización por danos e perdas.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

Artes comisadas: devolución logo do aboamento da sanción; están depositadas nesta delegación provincial.

-Expediente nº: P-144/97.

Denunciado: Francisco Fernández Raposo (DNI 33.827.036).

Último enderezo coñecido: r/ Logares, 4, A Fonsagrada-Lugo.

Feitos imputados: non respecta-las limitacións de tamaño, infrinxindo a Orde do 17-2-1997 (DOG do 26-2-1997) e fixadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ó ter pescado 11 troitas de tamaño inferior ó regulamentario. Feitos constatados o día 16-5-1997, no río Vega de Logares-A Fonsagrada.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 12.000 pesetas de multa e 13.000 ptas. de indemnización por danos e perdas.

-Expediente nº: P-146/97.

Denunciado: Jesús Díaz Silván (DNI 10.077.883).

Último enderezo coñecido: r/ La Cardona-Sª Marina de la Torre-Torre del Bierzo-León.

Feitos imputados: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor, o día 18-5-1997 no río Ser-Navia.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa e 5.000 ptas. de indemnización.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

-Expediente nº: P-147/97.

Denunciado: Rubén Díaz Silván (DNI 11.077.884).

Último enderezo coñecido: r/ La Cardona-Sª Marina de la Torre-Torre del Bierzo-León.

Feitos imputados: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor, o día 18-5-1997 no río Ser-Navia.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

-Expediente nº: P-148/97.

Denunciado: Francisco Navia Méndez (DNI 33.335.271).

Último enderezo coñecido: r/ Avda. Generalísimo, 12, Navia de Suarna-Lugo.

Feitos imputados: pescar con cana empregando cebo de uso non permitido (piscardo) tendo capturado dúas troitas,o día 24-5-1997 no couto de Navia, Navia de Suarna.

Precepto sancionador: 34.14º da Lei 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa e 10.000 ptas. de indemnización por danos e perdas.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

5616