Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a Forem Galicia, a impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Xosé Eusebio Justo Santos en representación de Forem Galicia e a documentación anexa, na que se solicita a autorización de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria IT-IC 25 do Regulamento de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria aprobada por Orde do 16 de xullo de 1981 (BOE do 13-8-1991), e a Orde do 8 de abril de 1983, pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e fíxase o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta dirección xeral de industria,

RESOLVE:

Autorizar a Forem Galicia a cualificación de entidade recoñecida para impartir-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da Comunidad Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na Orde do 8 de abril de 1983.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente ó programa, profesorado, lugar, horario e exames co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta Dirección Xeral

de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5615