Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a subministración de aparellos médicos. (C.P. 18/97).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación de subministracións: un densitómetro óseo e un ecógrafo doppler color (CP 18/97).

Os licitadores poderán concorrer a un ou a ámbolos dous lotes que se enumeran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Orzamento: 18.600.000 pesetas (IVE incluído).

Forma da adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite ordinario.

Prazo de execución: 30 días contados desde a data de formalización do correspondente contrato.

Admisión de variantes: admítense, sempre e cando superen o estipulado nas prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no apartado a) do artigo 16.1 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no apartado a) do artigo 18 da Lei 13/1995 citada.

Criterios de adxudicación: 1) Calidade e prestacións técnicas, ata 5 puntos. 2) Importe económico, ata 4 puntos. 3) Servicio técnico, ata 1 punto.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 13 horas, agás sábados.

Fianzas:

-Provisional: 2% do importe da licitación correspondente ó lote/s a que concorran.

-Definitiva: 4% do importe de licitación do que sexa/n adxudicatario/s.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do vixésimo sexto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o seguinte día hábil.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 58 49 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 2 de xullo de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

5717