Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 30 de xullo de 1997 Páx. 7.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia o concurso público para a adquisición de marcapasos e complementos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o concurso público para a adquisición de marcapasos e complementos.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, Servicio de Subministracións, estrada de San Pedro, s/n, E-15405 Ferrol (A Coruña). Tel.: (981) 33 40 32. Fax: (981) 33 40 84.

2.a) Modalidade de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

3.a) Lugar de entrega: véxase o punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de Administración.

b) Obxecto do contrato, número CPA: CPV:

Expediente: C.P. 18/97.

Título: marcapasos e complementos.

Importe total: 48.670.000 ptas. (IVE incluído).

Marcapasos. Cantidade: 95 unidades.

Electrodos. Cantidade: 97 unidades.

c) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

4. Prazo de entrega: segundo se indica no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

5.a) Solicitude da documentación: véxase o punto 3 a).

b) Data límite de solicitude: 29-8-1997.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: 5-9-1997 (14 h).

b) Enderezo: véxase o punto 1, rexistro xeral.

c) Idioma(s): español e galego.

7.a) Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: a apertura farase no lugar sinalado no punto 1, sala de xuntas, ás 10 horas do día 16-9-1997.

8. Fianzas e garantías: fianza provisional, do 2% do orzamento máximo de licitación ou de cada lote.

9. Modalidades de financiamento e pagamento: por cada remesa do material e sucesivas.

10. Forma xurídica da agrupación: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios da adxudicación: os que se establecen no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: poden presentarse variantes así como melloras sobre as características mínimas establecidas no prego de prescricións técnicas.

15. Información adicional: véxase o punto 1.

16. Data de publicación do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio: 16-7-1997.

18. Data de recepción do anuncio:

Ferrol, 2 de xullo de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

5718