Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.245

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 195/1997, do 10 de xullo, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, dun dereito de usufructo sobre terreos, sitos en Bastiagueiro, concello de Oleiros (A Coruña).

A Deputación Provincial da Coruña adoptou, o 28 de febreiro de 1997, acordo plenario de cesión á Comunidade Autónoma de Galicia dun dereito de usufructo sobre uns terreos de oitenta e catro mil novecentos setenta metros cadrados de superficie para a construcción de instalacións deportivas.

Conforme ós artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma Lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que a Deputación Provincial da Coruña acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nos termos do seu acordo, acéptase a cesión gratuíta da Deputación Provincial da Coruña dun dereito

de usufructo sobre uns terreos de 84.970 metros cadrados así como das edificacións e instalacións neles existentes, sitos en Bastiagueiro, termo municipal de Oleiros (A Coruña), para segregar do predio chamado Cambellos, Camposas e Lesteiras, inscrita no Rexistro da Propiedade número tres da Coruña no folio 87 volto, libro 131, predio número 12.160, inscrición 2ª, co fin de construír instalacións deportivas e servicios complementarios e para a práctica do deporte.

Artigo 2º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do dereito de usufructo no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, dez de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

5744