Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 24 de xullo de 1997 Páx. 7.244

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 194/1997, do 3 de xullo, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu apartado tres establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles para os fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Tendo en conta as solicitudes de cesión de uso presentadas, así como o informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 21 de xuño de 1996, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

1. Urbano. Soar, no lugar de Castiñeiro, no municipio de Oza dos Ríos (A Coruña), dunha superficie de 164 m. Linda: norte ou esquerda, predio do número anterior; sur ou dereita, predio do concello de Oza dos Ríos; leste ou costas, terraplén do ferrocarril; e oeste ou fronte, estrada de Betanzos a Agolada. Sobre este terreo construíuse un edificio sinalado co nº 2, composto de planta baixa e piso alto, dunha superficie por planta de 77 m.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.016, libro 128, folio 206, predio nº 14.125.

2. Rústico. Predio nº 476 da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Oza e Santo Estevo de Parada, no sitio dos Lagos, municipio de Oza dos Ríos (A Coruña), cunha superficie de 2.645 m. Linda: norte, Encarnación Corral Sánchez (474), saída a camiño, e outros (745 e 437); sur, María Nieves Quiroga y Pardo Bazán (434); leste, Isaura Barallobre López (477) e Manuel Rilo Valiño (478); e oeste, María Nieves Quiroga y Pardo Bazán (434).

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.009, libro 122, folio 227, predio nº 12.739.

3. Urbano. Edificio no lugar de Fondo da Vila, no núcleo urbano da vila e municipio de Vilamartín de Valdeorras (Ourense), que mide 60 m aproximadamente. Linda: fronte-sur, estrada de Ponferrada a Ourense; dereita entrando-leste, casa de Antonia López Álvarez, parede medianil no medio; esquerda-oeste e costas-norte, herdeiros de Leopoldo Brasa.

Inscrito no Rexistro da Propiedade do Barco de Valdeorras no tomo 484, libro 56, folio 72, predio nº 7.270, inscrición 2ª.

4. Urbano. Terreo con casa dunha soa planta, sito no campo da feira do Covelo, municipio do Covelo (Pontevedra), mide 254 m. Linda: fronte, campo da feira; dereita, María Amigo Conde; esquerda, Sara Romero González; e fondo, María Amigo Conde.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 933, libro 94, folio 98, predio nº 8.069 bis.

5. Urbano. Soar situado no lugar de Castro, municipio de Dozón (Pontevedra), de 12 m de fronte por 28 m de fondo, o que fai unha superficie 336 m. Linda: norte, terreo dos herdeiros de José Lorenzo Castro e outros; sur ou fronte, estrada de Ourense a Santiago de Compostela; leste e oeste, con máis de José Lorenzo Rodríguez. Sobre este predio construíuse un edificio composto de planta baixa para almacén e un piso alto para oficinas, que ocupa unha superficie de 66,99 m, e linda: fronte, estrada de Ourense a Santiago de Compostela; dereita entrando, franxa de 3 m de largo sobrante da edificación; esquerda, hoxe herdeiros de José Lorenzo Rodríguez; e fondo resto do predio.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Lalín no tomo 484, libro 32, folio 128, predio nº 4.062.

6. Urbano. Predio ó que lle chaman Monte de Ovella, sito no municipio de Mondariz (Pontevedra), que ten unha extensión de 320 m. Linda: norte, herdeiros de José Fontán; sur, rúa de Merouces; leste, predio matriz propiedade do concello de Mondariz; e oeste, campo da feira. Sobre este soar construíuse un edificio dunha planta que mide 140 m aproximadamente.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 557, libro 98, folio 120, predio nº 13.490.

7. Urbano. Terreo no lugar de Altamira, municipio de Salceda de Caselas (Pontevedra), de 265 m de superficie, sobre o que se construíu unha casa de planta baixa e un piso que ocupa unha superficie de 137,50 m. Linda: esquerda ou sur, camiño; fronte ou leste, estrada do Porriño a Salvaterra de Miño; norte, Carmen Sanjuán; e oeste, Dolores Sanjuán.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 765, libro 83, folio 146, predio nº 9.532.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, tres de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente en funcións

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

5742