Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.175

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se delega nos xefes dos servicios provincias de Turismo o exercicio de determinadas competencias.

A incorporación de determinados procedementos administrativos, que na actualidade está resolvendo o titular da Secretaría Xeral para o Turismo, ó denominado Servicio de Resposta Inmediata, fai preciso que, dentro do respecto ós principios informadores da actuación administrativa, e con suxeición á normativa legal vixente, se deleguen nos xefes dos servicios provinciais de Turismo determinadas competencias, o que sen dúbida producirá unha maior axilidade administrativa, que redundará en beneficio dos cidadáns e da Administración.

Na súa virtude, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoño delegar nos xefes dos servicios provinciais de Turismo correspondentes, o exercicio das seguintes competencias:

1. Resolución sobre inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, das seguintes empresas ou actividades turísticas:

-Cafés, bares, tabernas.

-Pubs e whiskerías.

-Discotecas e salas de festas.

-Asociacións, federacións e confederacións empresariais.

-Asociacións, federacións e confederacións de profesionais do turismo.

-Padroados de turismo.

-Centros de iniciativas turísticas (CIT).

-Casinos (que terán os servicios de hostelería suxeitos ás súas regulamentacións específicas).

-Feiras e festas típicas, sempre e cando a súa organización estea avalada pola corporación local correspondente.

-Liñas aéreas, liñas de autobuses, transporte marítimo, alugueiro de coches sen conductor (rent a car), transbordadores, etc.

-Festas declaradas de interese turístico.

-Axentes da propiedade inmobiliaria.

-Axencias da propiedade inmobiliaria.

-Museos.

2. Visado dos regulamentos de réxime interior das empresas turísticas.

A Secretaría Xeral para o Turismo poderá, non obstante, avocar para si en calquera momento o exercicio das competencias delegadas nesta resolución, de acordo co establecido no artigo 14 da citada lei.

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas na presente resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que as concedeu.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1997.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

97-5510