Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 22 de xullo de 1997 Páx. 7.175

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 3 de xullo de 1997 pola que se fixan as tarifas pola utilización de determinados servicios ofrecidos polo Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

O Igape no desenvolvemento das funcións atribuídas pola súa Lei de creación 5/1992, do 10 de xuño, puxo en funcionamento o Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira), creado ó abeiro do Decreto 233/1996, do 24 de maio, constituído como centro de apoio ó sector da industria de transformación da madeira, co fin de contribuír ó incremento da competitividade no dito sector.

Para a consecución dos ditos fins, o centro contará coas instalacións e medios técnicos e persoais adecuados, que permitan as actividades propias do centro e do Igape en xeral, e que poderán ser postos á disposición do público, percibindo o Igape como contraprestación un prezo por estes.

Resulta necesario, polo tanto, fixa-los prezos que os usuarios dos distintos servicios do Cis-Madeira deben satisfacer pola súa utilización, polo que, de conformidade coas disposicións da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e logo do informe favorable da Dirección Xeral de Tributos da Consellería de Economía e Facenda, en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto a fixación dos prezos privados que vai percibir o Instituto Galego de Promoción Económica no Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira).

Artigo 2º.-Laboratorios.

O servicio inclúe os equipos informáticos e os específicos necesarios para cada ensaio, así como o persoal técnico e auxiliar necesario para a execución de informes, peritacións e ensaios.

Artigo 3º.-Tarifas de laboratorio.

Ensaios:

1. Ensaios de taboleiro de partículas, de fibras duros e MDF:

Ensaios físicos:

a) Determinación da humidade 7.693 ptas.

b) Inchazón e absorción da auga 10.602 ptas.

c) Peso específico 7.693 ptas.

Ensaios mecánicos:

a) Resistencia á flexión e módulo

de elasticidade 15.374 ptas.

b) Resistencia ó arranque de parafusos

e cravos 15.374 ptas.

c) Resistencia á tracción perpendicular

ás caras 15.374 ptas.

Ensaios físico-mecánicos:

a) Resistencia ó impacto 14.254 ptas.

b) Estabilidade dimensional 53.628 ptas.

c) Ensaio cíclico en condicións húmidas 38.326 ptas.

Ensaios químicos:

a) Perforador determinación do

formaldehido 28.840 ptas.

b) Ensaios de colas e adhesivos 23.023 ptas.

c) Vernices e pinturas 43.703 ptas.

2. Ensaios de taboleiros contrachapados:

a) Taboleiros de interior 22.062 ptas.

b) Taboleiros de exterior baixo cuberta 32.534 ptas.

c) Tabloleiros de exterior á intemperie 47.332 ptas.

3. Ensaios de identificación de madeiras:

a) Carballo, castiñeiro, olmo, faia, freixo 33.183 ptas.

b) Piñeiro silvestre, galego, laricio 33.183 ptas.

c) Chapas de madeira 40.913 ptas.

4. Ensaios de reacción ó lume de materiais de madeira:

a) Ensaio de non combustibilidade de materiais de construcción 40.649 ptas.

b) Determinación de residuo

non orgánico 18.662 ptas.

5. Ensaios de ventás:

a) Resistencia ó vento 27.695 ptas.

b) Estanqueidade á auga baixo

presión estática 27.695 ptas.

c) Permeabilidade ó aire 27.695 ptas.

Total ensaio por unidade 83.085 ptas.

6. Ensaios de revestimentos superficiais:

a) Ensaio de resistencia á abrasión 11.473 ptas.

b) Ensaio de resistencia á calor seca 12.889 ptas.

c) Ensaio de adhesión de cantoneiras 9.001 ptas.

d) Ensaio de resistencia ós alimentos e productos de limpeza para planos non de traballo 4.756 ptas.

e) Ensaios para productos alimenticios e de limpeza en planos de traballo 6.631 ptas.

f) Ensaios de resistencia ó vapor de auga 6.631 ptas.

7. Ensaios superficiais físicos:

a) Ensaio de resistencia da cor á luz 22.057 ptas.

b) Ensaio de resistencia ó cambio de humidade mobles 102.430 ptas.

c) Ensaio á corrosión en cámara salina 20.890 ptas.

8. Ensaios de estructuras de madeira:

a) Ensaio de flexión viga e correas

(Luz<7) 64.434 ptas.

Ensaio de flexión viga e correas

(Luz 7 a 13) 95.000 ptas.

b) Deslaminación en liña de cola, H = canto da peza en cm. 26.656 ptas.

c) Esforzo cortante na liña de cola, largo peza 100-160 mm. 26.656 ptas.

d) Ensaio de flexión de táboa 8.230 ptas.

e) Ensaio de flexión de canto 11.748 ptas.

9. Ensaios xerais en solos de madeira:

a) Contido de humidade 13.575 ptas.

b) Tolerancias dimensionais 13.719 ptas.

c) Clasificación da calidade 21.950 ptas.

10. Determinación das características físico-mecánicas da madeira:

a) Humidade 8.553 ptas.

b) Peso específico 11.086 ptas.

c) Higroscopicidade 26.316 ptas.

d) Contracción lineal e volumétrica 23.968 ptas.

e) Dureza 15.964 ptas.

f) Compresión axial 15.964 ptas.

g) Flexión dinámica 15.964 ptas.

h) Flexión estática 15.964 ptas.

i) Tracción perpendicular ás fibras 19.714 ptas.

j) Estabilidade dimensional da madeira

tratada 23.464 ptas.

k) Esforzo cortante 15.964 ptas.

l) Determinación de axentes xilófogos 22.714 ptas.

11. Ensaios de materiais de madeira en xeral:

a) Ensaio de resistencia á auga 7.957 ptas.

b) Ensaio de encolado de cantos 35.572 ptas.

c) Ensaio de cámara climática de dobre ambiente portas tipo medio 63.356 ptas.

Artigo 4º.-Servicios de enxeñería e asistencias técnicas.

Para a realización dos servicios de diagnose técnica, proxectos e estudios que se poden ofrecer a través desta sección precísase a participación de técnicos cualificados, o seu traballo será sempre supervisado por un coordinador de área do CIS-Madeira. Prevese a prestación de servicios de dúas categorías de persoal, cuantificadas polo seu custo/hora.

Artigo 5º.-Tarifas dos servicios de enxeñería e asistencias técnicas.

1) Custos de persoal:

a) Técnico especialista 7.500 ptas./hora.

b) Laborante, auxiliar ou

delineante 4.500 ptas./hora.

2) Custos de mantemento e desprazamento:

2.1. En territorio nacional:

a) Completa 13.000 ptas./día.

b) Aloxamento 7.500 ptas./día.

c) Manutención 5.500 ptas./día.

d) Desprazamento 24 ptas./km.

2.2. No estranxeiro:

Segundo tarifas (grupo 2) publicadas mediante Resolución do 22 de marzo de 1993, das secretarías de Economía e Facenda e para as Administracións Públicas (BOE nº 73, do 26 de marzo de 1993).

3) Custos de equipos de deseño industrial:

a) Equipos e funxibles 390 ptas./hora.

Artigo 6º.-O código correspondente ó prezo do que se fixan tarifas se fixan na presente orde será o 36.28.00, servicios prestados polo CIS-Madeira (Igape), e nestas non está incluído o IVE correspondente.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

5767