Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 14 de xullo de 1997 Páx. 6.884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 182/1997, do 18 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, no expediente de expropiación forzosa, dos terreos necesarios para a ampliación da entulleira exterior da explotación mineira Grupo Minero Vulcano, sita no concello de Cerceda (A Coruña), solicitada por Lignitos de Meirama, S.A. (Limeisa).

Lignitos de Meirama, S.A., con domicilio social na Coruña, Avda. de Linares Rivas, 18-1º, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a incoación do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia coa finalidade de amplia-la entulleira exterior da explotación mineira de lignito Coto Minero Vulcano, sita no termo municipal de Cerceda, da provincia da Coruña, sendo os predios afectados os seguintes:

-Predio nº 1028-2, de 0,5382 hectáreas, propiedade de Dominga Lois Mosquera e herdeiros de José Gende Liñares, con domicilio en Acevedo - 15176

Cerceda (A Coruña) e Manuela Gende Lois, con domicilio en rúa dos Cotos - 15176 S. Pedro de Nós - Oleiros (A Coruña).

-Predio nº 1035, de 0,5576 hectáreas, propiedade de Dominga Lois Mosquera e herdeiros de José Gende Liñares, con domicilio en Acevedo - 15176 Cerceda (A Coruña) e Manuela Gende Lois, con domicilio en rúa dos Cotos -15176 S. Pedro de Nós - Oleiros (A Coruña).

-Predio nº 1043, de 2,2127 hectáreas, propiedade de Emilia García Croque e herdeiros de José Campos Santos, con domicilio en Alto - 15185 Cerceda (A Coruña) e Manuel Campos García, con domicilio en Morzos -15187 As Encrobas (A Coruña).

-Predio nº 1047-1, de 0,4604 hectáreas, propiedade de Dominga Lois Mosquera e herdeiros de José Gende Liñares, con domicilio en Acevedo - 15185 Cerceda (A Coruña) e Manuela Gende Lois, con domicilio en rúa dos Cotos - 15176 S. Pedro de Nós - Oleiros (A Coruña).

-Predio nº 1047-5, de 0,2744 hectáreas, propiedade de Dominga Lois Mosquera e herdeiros de José Gende Liñares, con domicilio en Acevedo - 15185 Cerceda (A Coruña) e Manuela Gende Lois, con domicilio en rúa dos Cotos - 15176 S. Pedro de Nós - Oleiros (A Coruña).

-Predio nº 1074-1, de 0,4662 hectáreas, propiedade de Dominga Lois Mosquera e herdeiros de José Gende Liñares, con domicilio en Acevedo - 15185 Cerceda (A Coruña) e Manuela Gende Lois, con domicilio en rúa dos Cotos - 15176 S. Pedro de Nós - Oleiros (A Coruña).

-Predio nº 1096-1, de 0,2692 hectáreas, propiedade de Dominga Lois Mosquera e herdeiros de José Gende Liñares, con domicilio en Acevedo - 15185 Cerceda (A Coruña) e Manuela Gende Lois, con domicilio en rúa dos Cotos - 15176 S. Pedro de Nós - Oleiros (A Coruña).

-Predio nº 1232-4, de 1,0552 hectáreas, propiedade de Dominga Lois Mosquera e herdeiros de José Gende Liñares, con domicilio en Acevedo - 15176 Cerceda (A Coruña) e Manuela Gende Lois, con domicilio en rúa dos Cotos - 15176 S. Pedro de Nós - Oleiros (A Coruña).

-Predio nº 1232-6, de 1,8898 hectáreas, propiedade de Dominga Lois Mosquera e herdeiros de José Gende Liñares, con domicilio en Acevedo - 15176 Cerceda (A Coruña) e Manuela Gende Lois, con domicilio en rúa dos Cotos - 15176 S. Pedro de Nós - Oleiros (A Coruña).

-Predio nº 1232-11, de 0,2256 hectáreas, propiedade de Dominga Lois Mosquera e herdeiros de José Gende Liñares, con domicilio en Acevedo -

15176 Cerceda (A Coruña) e Manuela Gende Lois, con domicilio en rúa dos Cotos - 15176 S. Pedro de Nós - Oleiros (A Coruña).

-Predio nº 1538-2, de 0,4351 hectáreas, propiedade de herdeiros de Ricardo Orgeira Mosquera, con domicilio en Portofranco -15186 Queixas (A Coruña).

-Predio nº 1538-3, de 0,4351 hectáreas, propiedade de Manuel Orgeira Mosquera, con domicilio en Virís -15186 Queixas (A Coruña).

-Predio nº 1539-1541, de 6,2340 hectáreas, propiedade de Ricardo Mosquera Mosquera e irmáns, con domicilio en Virís -15186 Queixas (A Coruña).

-Predio nº 1542-3, de 4,4300 hectáreas, propiedade de Manuel e Venerando Boquete Ordeira, con domicilio en Virís -15186 Queixas (A Coruña).

A solicitude foi efectuada conforme o disposto no artigo 105 da Lei de minas, do 21 de xullo de 1973, e no artigo 131 do seu regulamento, do 25 de agosto de 1978, así como no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e o artigo 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957.

Tramitado o correspondente expediente pola Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, foi sometido ó trámite de información pública, mediante a publicación da relación de predios, propietarios afectados, domicilio, sitios, e superficie afectada, no Diario Oficial de Galicia (13-1-1997, nº 7), BOP da Coruña (10-1-1997, nº 7), diario La Voz de Galicia do 18-12-1996, así como nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Cerceda, enviándose notificacións individuais con notificación da recepción de recibo ós interesados dos predios afectados.

Como consecuencia da información pública y notificacións individuais foron presentados escritos de alegacións contra a procedencia de expropiación por parte de catro propietarios afectados:

-Manuela Gende Lois, propietaria dos predios 1028-2, 1035,1047-1,1047-5, 1074-1, 1096-1, 1232-4, 1232-6 y 1232-11.

-Manuel Campos García, propietario do predio 1043.

-Manuel Orgeira Mosquera, propietario do predio 1538-3.

-Manuel Boquete Orgeira, propietario do predio 1542-3.

As alegacións que, en xeral, non se opoñen á expropiación, limítanse a sinalar erros en superficies e cualificacións de terreos, extremos que deberán

substanciarse no momento do levantamento de actas previas. Outras alegacións sinalan a posibilidade de permuta de terreos, posibilidade que a empresa indica que non ten inconveniente en estudiar. En canto ás que sinalan que a entulleira podería localizarse noutros terreos, considérase que na memoria e planos confeccionados quedan xustificadas as razóns técnicas do por qué da localización da ampliación, a cal comprende os terreos estrictamente necesarios, dos que se insta a expropiación. E, finalmente, as alegacións que sinalan que o expediente non reúne os requisitos de utilidade pública non hai máis que remitirse á vixente Lei de minas. Por todo iso procede a total desestimación destas alegacións, posto que non impugnan as razóns obxectivas que fan precisa a ocupación dos predios con urxencia, todo iso en función do que consta no informe da Delegación Provincial de Industria da Coruña e na memoria-proposta da Subdirección Xeral de Enerxía e Minas.

Considérase xustificada a urxente ocupación dos terreos afectados para amplia-la entulleira exterior, na cal é necesario alberga-los estériles procedentes do tendido do paramento norte da explotación, circunstancia que permitirá facer fronte ós graves problemas de seguridade que presenta o dito paramento e, secundariamente, lograr unha prolongación da vida da mina e evitar prexuízos de carácter laboral e económico. Por todo, é imprescindible a dispoñibilidade inmediata dos terreos afectados para efectos de poder asegura-la continuidade desta actividade mineira.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase urxente segundo o mencionado artigo 105 da Lei de minas e para ós efectos dispostos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa a ocupación dos predios anteriormente citados, sitos no concello de Cerceda (A Coruña), definidos nos planos presentados e dos que se publicou relación nos boletíns mencionados, predios que é necesario expropiar para amplia-la entulleira exterior e con iso dar continuidade ó traballo do Grupo Minero Vulcano, titularidade do cal ostenta Lignitos de Meirama, S.A.

Santiago de Compostela, dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

5494