Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 20 de xuño de 1997 polo que se comunica inicio de expediente de incumprimento a Pescados Carmina, S.L., expediente 3/94.2046.0559.N.4012, de subvención ó tipo de xuro de operacións de préstamo/crédito.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento de Pescados Carmina, S.L. titular do expediente 3/94.2046.0559.N.4012 relativo á subvención do tipo de xuro dun préstamo concedido por entidade finan

ceira prestamista, que con data do 23 de maio de 1997 a Dirección Xeral do Igape acordou resolver:

1. Declarar parcialmente incumpridas as condicións na concesión de subsidiación ó tipo de xuro a empresa Pescados Carmina, S.L. ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas do ano 1994, dado que non se acredita que a totalidade do préstamo subsidiado fose destinado á reestructuración dos pasivos aprobados polo Igape. A parte adecuadamente xustificada ascende a 19.685.000 ptas., importe inferior ó aprobado.

2. Modifica-la resolución de concesión da subsidiación ó tipo de xuro obxecto de expediente de incumprimento parcial, en proporción ó seu alcance, de forma que as condicións da subsidiación serán as seguintes:

Nº de expediente: 3/94.2046.0559.N.4012.

Préstamo subsidiado: 19.685.000 ptas.

Xuro: 10%.

Prazo: 7 anos; 12 meses de carencia.

Puntos de subsidiación concedidos: 3,25.

Destino dos fondos: reestructuración dos pasivos.

3. De conformidade co disposto no artigo 78.5º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia e no convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas para 1994 (cláusula 11), a empresa Pescados Carmina, S.L., deberá reintegrarlle ó Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o seu ingreso na conta de Caixa Galicia nº 2091.0300.47.311006317/2, o seguinte importe:

22.905 ptas., correspondentes ó importe da subvención percibida indebidamente.

3.996 ptas., en concepto de xuros devengados polas cantidades indebidamente percibidas desde o momento do seu aboamento.

Total que hai que reintegrar: 26.901 ptas.

O detalle da liquidación a reintegrar incorpórase a esta resolución como anexo.

No caso de recibir esta notificación entre os días 1 e 15 de mes, terá de prazo para ingresa-la citada cantidade ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior; no caso de recibila entre os días 19 e último do mes, terá de prazo de ingreso ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados esixiranse por vía de constrinximento, e computaranse se é o caso como pagamentos a conta as cantidades aboadas fóra de prazo.

4. De conformidade co artigo 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, suspéndese o aboamento da subsidiación concedida, en tanto non conste totalmente reintegrada a cantidade que se debe.

Contra esta resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso administrativo ordinario perante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes (artigos 107 e 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común); transcorridos tres meses desde a interposición deste sen que recaia resolución, poderá entenderse desestimado, quedando aberta a vía xurisdiccional perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

Anexo da resolución de declaración de incumpremento en aplicación de cantidades percibidas como subsidiación ó tipo de xuro e reclamación do percibido indebidamente

Entidade/Titular: Pescados Carmina, S.L.

Nº expediente: 3/94.2064.0559.N.4012.

Liquidación de xuros e principal ata data de resolución

Data cobramentoDiferencia subvenciónDías 94Días 95Días 96Días 971994199519961997Total

20-abr-957.559025536614305898452851.718
24-mai-952.5590221366143017028295548
31-ago-952.559012236614309428295472
2-nov-952.55905936614304628295423
19-xan-962.559003471430026895363
15-mai-962.559002301430017795273
6-ago-962.451001471430010991200
Total principal22.905
Total xuros1.00108992.2458533.996
Total que hai que ingresar26.901

Tipo de xuros de demora (segundo Lei 230/1963, xeral tributaria e Lei 25/1995, de modificación parcial da Lei xeral tributaria)

Período1994199519961997

Tipo11,00%11,00%11,00%9,50%

5138