Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a subministración e instalación de material informático para diversos órganos xudiciais na Comunidade Autónoma galega.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita el expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 97/13/1127.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de material informático para diversos órga

nos xudiciais na Comunidade Autónoma galega, segundo a seguinte división en lotes:

-Lote 1. Informatización dos xulgados de menores e complementación da informatización de diversos órganos xudiciais.

-Lote 2. Informatización das oficinas de rexistro e reparto dos decanatos nas localidades da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

-Lote 3. Dotación de material informático para a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

b) Lugar de entrega e instalación: nos correspondentes órganos xudiciais, segundo as instruccións que se lle facilitasen ó adxudicatario.

c) Prazo de entrega: un (1) mes a partir da data de notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

-Lote 1. Once millóns trescentas mil pesetas (11.300.000 ptas.).

-Lote 2. Seis millóns catrocentas mil pesetas (6.400.000 ptas.).

-Lote 3. Sete millóns trescentas mil pesetas (7.300.000 ptas.).

Orzamento total: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de ptas.).

5. Garantía provisional.

O 2% do importe do lote ou lotes ós que se presente o licitador.

-Lote 1. Duascentas vinteseis mil pesetas (226.000 ptas.).

-Lote 2. Cento vinteoito mil pesetas (128.000 ptas.).

-Lote 3. Cento corenta e seis mil pesetas (146.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfonos: (981) 54 46 42/54 45 17.

e) Telefax: (981) 54 46 96.

f) Data límite para a obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás se o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

Rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no domicilio indicado no punto 6.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ás 10.30 horas do sexto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, agás se o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

5138