Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de la Recuperación y el Reciclado de Galicia (Arega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de la Recuperación y el Reciclado de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas, persoas físicas ou xurídicas que teñan o seu domicilio social e realicen a súa actividade na Comunidade Autónoma, dedicadas á recuperación e reciclado de papel, cartón e derivados téxtiles, dentro da cadea que vai desde a promoción, recollida, selección e comercialización de materiais recuperados de papel, cartón e téxtiles para a súa utilización como materias primas para a fabricación de papel, cartón e productos reciclados e a manipulación destes productos ata a súa conversión en productos de consumo de calquera tipo incluída a súa comercialización.

Asinan a acta de constitución: Luis del Molino García, en representación da empresa Gama Gallega Medio Ambiente, S.L., e dúas persoas máis, en representación doutras tantas empresas.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5485