Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de Cocineros de la Provincia de A Coruña, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Asociación de Cocineros y Pasteleros de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de Cocineros de la Provincia de A Coruña, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Asociación de Cocineros y Pasteleros de Galicia cambiando, así mesmo, o seu ámbito territorial e domicilio.

Asinan a acta da asemblea xeral extraordinaria na que se recolle o acordo acadado por unanimidade, da modificación xeral de estatutos, José Luis Fanto Rendo (secretario), co visto e prace do seu presidente José González Carballo.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5214