Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 11 de xullo de 1997 Páx. 6.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997, da Delegación Territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo), pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de consultoría e asistencia consistente no servicio de coidado, control, seguimento e información das zonas marisqueiras da costa lucense.

1. Órgano de contratación: Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro-Viveiro (Lugo).

2. Obxecto do contrato: servicio de coidado, control, seguimento e información das zonas marisqueiras da costa lucense.

Nº expediente: LU-1/1997.

3. Orzamento de licitación: nove millóns oitocentas mil pesetas (9.800.000 ptas.), IVE incluído.

4. Garantía provisional: cento noventa e seis mil pesetas (196.000 ptas.).

5. Prazo de execución: cinco meses e medio comprendidos entre a data da sinatura do contrato e o 31 de decembro de 1997, sen prexuízo do establecido no artigo 72.2º c) da Lei 13/1995, do 18 de maio.

6. Procedemento e forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia.

7. Clasificación do contratista: non se esixe.

8. Obtención de documentación e información:

a) Lugares:

-Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura: edificio administrativo San Caetano, nº 5-2º, Santiago de Compostela. Teléfono: 54 40 69, fax: 54 50 25.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña, r/ Ramón y Cajal, nº 1-5º (casa do mar), 15006 A Coruña. Teléfono: 18 20 21, fax: 18 20 27.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Vigo, r/ Palma, nº 4, 36202 Vigo (Pontevedra). Teléfono: 81 71 09, fax: 81 71 02.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro: Avda. Ramón Canosa, s/n, 27863 Celeiro-Viveiro (Lugo). Teléfono: 55 17 69, fax: 55 17 68.

b) Data: tódolos días laborables excepto sábados, de 9 a 14 horas, ata o último día de presentación das proposicións.

9. Presentación de ofertas:

a) Lugar: no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro (Avda. Ramón Canosa, s/n, 27863 Celeiro-Viveiro) ou por calquera dos modos previstos no

artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Cando as proposicións se envíen por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax: (982) 55 17 69 ou telegrama no mesmo día.

b) Prazo: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

c) Documentación que debe presentarse: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas: ás 12 horas do terceiro día natural, que non sexa sábado, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro, Avda. Ramón Canosa, s/n, 27683 Celeiro-Viveiro.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Celeiro-Viveiro, 25 de xuño de 1997.

Enrique J. Rodríguez González

Delegado territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo)

5215