Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de Pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31-5), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228 do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: Sendón nº 1.
Cultivo: mexillón.
Localización: Muros A, cuadrícula 24.
Data da concesión: 9-3-1981.
Data do remate da última prórroga: 25-4-2001.
Anterior concesionario: Virginia, Joaquín Manuel, Mª del Carmen, Mª del Pilar, Juan Carlos e Mónica Sendón Rama.
Novo titular da concesión e batea: Manuel Lago Mayo e Lourdes Rodríguez Fernández.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 19 de xuño de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado territorial da Coruña
5478