De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento de Rendo Caldelas, Mª Josefa titular do expediente 1/93.2091.0330.N.642441 relativo á subvención do tipo de xuro dun préstamo concedido por entidade financeira prestamista, que con data do 23 de maio de 1997 a Dirección Xeral do Igape acordou resolver:
1. Declarar parcialmente incumpridas as condicións na concesión de subsidiación ó tipo de xuro a empresa Rendo Caldelas, Mª Josefa ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras para 1993, posto que a beneficiaria non xustificou a realización de investimentos por un mínimo de 10.000.000 de ptas., e en virtude deixar sen efecto a resolución de concesión de subsidiación ó tipo de xuro.
2. De conformidade co disposto no artigo 78.5 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia no convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas para 1993 (cláusula 12)
Rendo Caldelas, Mª Josefa deberá reintegrarlle ó Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o seu ingreso na conta de Caixa Galicia nº 2091.0388.3110006317/2, o seguinte importe: 393.634 ptas. correspondente ó importe da subvención percibida indebidamente.
94.205 ptas., en concepto de xuros devengados polas cantidades indebidamente percibidas desde o momento do seu aboamento.
Total que hai que reintegrar: 487.839 ptas.
O detalle da liquidación que hai que reintegrar incorpórase a esta resolución como anexo.
En caso de recibir esta notificación entre os días 1 e 15 do mes, terá prazo para ingresa-la citada cantidade ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior; no caso de recibila entre os días 16 e último de mes, terá de prazo de ingreso ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.
As débedas non satisfeitas nos períodos citados esixiranse en vía de constrinximento, computándose se é o caso como pagamentos a conta as cantidades pagadas fóra de prazo.
Contra esta resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso administrativo ordinario perante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes (artigos 107 e 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común); transcorridos tres meses desde a interposición deste sen que recaia resolución, poderá entenderse desestimado, quedando aberta a vía xurisdiccional perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1997.
Diego Diz Fernández
Director xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica
Anexo da resolución de declaración de incumprimento en aplicación de cantidades percibidas como subsidiación ó tipo de xuro e reclamación do percibido indebidamente
Entidade/titular: Rendo Caldelas Mª Josefa.
Nº expediente: 1/93.2091.0330.N.642441
Liquidación de xuros e principal ata data de resolución
Data cobramento Diferencia subvención Días 94 Días 95 Días 96 Días 97 1994 1995 1996 1997 Total
20-abr-94 30.430 255 365 336 143 2.339 3.347 3.356 1.133 10.175 26-xul-94 61.250 158 365 366 143 2.917 6.738 6.756 2.280 18.690 4-nov-94 60.375 57 365 366 143 1.037 6.641 6.659 2.247 16.585 8-feb-95 60.375 0 326 366 143 0 5.932 6.659 2.247 14.838 9-xuñ-95 61.250 0 205 366 143 0 3.784 6.756 2.280 12.820
Data cobramento Diferencia subvención Días 94 Días 95 Días 96 Días 97 1994 1995 1996 1997 Total
31-ago-95 61.250 0 122 366 143 0 2.252 6.756 2.280 11.288 27-out-95 58.704 0 65 366 143 0 1.150 6.475 2.185 9.810 Total principal 393.634 Total xuros 6.292 29.844 43.418 14.651 94.205 Total que hai que ingresar 487.839
Tipo de xuro de demora (segundo Lei 230/1963, xeral tributaria e Lei 25/1995, de modificacion parcial da Lei xeral tributaria).
Período 1991 ó 93 1994 1995 1996 1997
Tipo 12,00% 11,00% 11,00% 11,00% 9,50%
5115