Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 11 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores 396/96 e 419/96 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 11 de xuño de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente: P-396/96.

Denunciado: Daniel Aguiño Ribadeneira.

Último enderezo coñecido: A Barca, 1. Cambados.

Feito denunciado: botar entullos na beira do río Umia, susceptibles de seren arrastrados polas augas ó río co conseguinte dano para a riqueza piscícola. Feitos denunciados o día 11 de outubro de 1996.

Precepto infrinxido: artigo 35.5 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 500.001 e inhabilitación para obter licencia de pesca durante 1 ano e 1 día.

-Expediente: P-419/96.

Denunciado: Ramón Jiménez Montoya.

Último enderezo coñecido: O Bao. Poio.

Feito denunciado: pescar sen licencia en época de veda e sen permiso de couto. Feitos acontecidos o día 9 de decembro de 1996, no río Lérez.

Precepto infrinxido: artigo 34.1 e 34.8 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 60.000 ptas. e inhabilitación para obter licencia de pesca durante 1 ano.

5092