Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-142/96 e catro máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 11 de xuño de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: P-142/96.

Denunciado: Gabriel Villegas Blanco.

Último enderezo coñecido: Daro-Pazo. Mondariz, Balneario.

Feito denunciado: pescar lamprea a man nun tramo vedado, ás 13.30 horas do día 17 de abril de 1996, no río Tea.

Precepto infrinxido: artigo 34.11 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación, para obter licencia de pesca durante un ano.

-Expediente: P-233/1996.

Denunciado: Javier Alcobre Souto.

Último enderezo coñecido: Pizarro, 17-5º B. Vigo.

Feito denunciado: dedicarse ó deporte da pesca con cana sen levar documentación acreditativa da identidade, e empregando como cebo miñoca viva en río salmoneiro, o día 19-5-1996, no río Deza.

Precepto infrinxido: artigo 33.1 e 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 15.000 ptas.

-Expediente: P-283/1996.

Denunciado: Román Martínez Quiñones.

Último enderezo coñecido: Velázquez Moreno, 26. Vigo.

Feito denunciado: pescar sen licencia de pesca ás 19.45 horas do día 9 de xuño de 1996, no río Verdugo.

Precepto infrinxido: artigo 34.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación, para obter licencia de pesca durante un ano.

-Expediente: P-284/1996.

Denunciado: Carlos Martínez Quiñones.

Último enderezo coñecido: Velázquez Moreno, 26. Vigo.

Feito denunciado: Pescar sen licencia de pesca o día 9 de xuño de 1996, no río Verdugo.

Precepto infrinxido: artigo 34.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación, para obter licencia de pesca durante un ano.

-Expediente: P-297/1996.

Denunciado: José del Río Fernández.

Último enderezo coñecido: Pousada-Padróns. A Coruña.

Feito denunciado: pescar con culleriña do nº 3, o día 20 de xuño de 1996, no río Ulla.

Precepto infrinxido: artigo 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 20.000 ptas.

5089