Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador E.N. 29/96 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, sobre conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 120.956 do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Pontevedra, 11 de xuño de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 29/96.

Denunciado: Héctor Aguilar Palma.

Último enderezo coñecido: r/ Corta Vila, 9, Madrid.

Feito denunciado: acampar sen a correspondente autorización o día 12 de agosto de 1996, no lugar Chan da Pólvora na Illa de Ons.

Precepto infrinxido: artigo 38.3º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

5088